| 8º Salón do Transporte e a Loxística. |
![]() EXPOURENSE organiza o 8º Salón do Transporte e a Loxística "NORTRANS".
NORTRANS está consolidado como punto de encontro do ámbito do transporte de viaxeiros e mercadorías do noroeste peninsular. NORTRANS, dende o punto de vista das empresas provedoras, convértese nunha oportunidade para reforzar o posicionamento de marca, presentando na feira tanto vehículos de mercadorías como de viaxeiros e outros servizos, aproveitando para contactar directamente cos seus potenciais clientes e coñecer as súas necesidades, tratando de impulsar e facilitar a procura de respostas innovadoras e alternativas para axudar ás empresas a afrontar os retos presentes e futuros. Vai dirixido aos Profesionais do sector do transporte e da loxística, así como das empresas auxiliares. Celebrarase os días 2 e 3 de setembro do 2011 en horario de 11:00 h. a 14:30 h. e de 16:00 h. a 20:00 h en Expoourense, Finca Sevilla, s/n 32005 Ourense. Dossier de Nortrans 2011
En paralelo coa feira, desenvolveranse as Xornadas Técnicas do Transporte de Mercadorías e de Viaxeiros, que xa chegan á súa oitava edición, que contarán coa presenza de representantes da administración e de federacións e asociacións do sector, entre outros relatores, e que analizarán a actualidade dende distintas ópticas. Máis información: Expourense Tf. 988 366 030 http://www.expourense.org/ expourense[arroba]expourense.org |
|
| Última actualización ( 17/08/2011 ) |

