| A Asociación de Empresarios de Mos organiza o seminario "Apoio á toma de decisións" |
A Asociación de Empresarios de Mos, en colaboración con BIC Galicia, o IGAPE e mailo Concello de Mos, continúa co seu ciclo de seminarios e xornadas formativas dirixidas á empresarios, directivos e profesionais independentes.Co obxectivo de dar a coñecer a importancia da información no proceso de decisión e os principais métodos para a súa obtención, a vindeira semana celebrarase o seminario "Apoio á toma de decisións".
Cursiño que se impartirá en dúas xornadas, os días 23 e 24 de setembro, en horario de tarde, cun total de 6 horas de formación que servirá para presentar as estratexias que existen para dar apoio á toma de decisións no eido empresarial.
O seminario ten carácter gratuíto e será necesario inscribirse con anterioridade xa que as prazas son limitadas. O lugar de celebración será a propia sede da Asociación de Empresarios de Mos.
Programa
1. Introdución
2. Tipoloxía das decisións 3. Elementos da toma de decisións 4. Implicacións na toma de decisións 5. Barreiras máis comúns 6. Metodoloxía: pasos a seguir 6.1 Identificación e diagnóstico do problema 6.2 Establecemento de obxectivos 6.3 Busca de solucións alternativas 6.4 Desenvolvemento de todas as alternativas 6.5 Avaliación das alternativas 6.6 Elección da mellor alternativa 6.7 Implementación da decisión 6.8 Seguimento e control 7. Erros máis frecuentes Para máis información:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Departamento de Formación de AEMOS.
Preinscricións: www.aemos.es/curso.php?Id=46
|
|
| Última actualización ( 16/09/2009 ) |

