| A Asociación de Empresarios SEARA inicia o seu ciclo de formación continua "Xoves Empresariais" |
A Asociación de Empresarios das Pontes SEARA, en colaboración con BIC Galicia, pón en marcha unha nova edición do seu ciclo de Formación Continua "Xoves Empresariais", que comezará o vindeiro 10 de setembro, xoves. Unha iniciativa que xa comezou o pasado ano cun grande éxito de participación e que pretende fortalecer o vínculo de unión entre todas as persoas relacionadas co mundo empresarial nesta bisbarra, convertindo así o Centro de Dinamización Empresarial e Incubadora de Empresas no punto de reunión empresarial do territorio.
Un ciclo no que se impartirán seis seminarios formativos de distinta temática dentro do eido empresarial, dende o empresario autónomo á xestión de pagos e cobros, e que se celebrarán en xoves alternos. As xornadas serán gratuítas.
O Ciclo de Formación Continua "Xoves Empresariais" desenvolverase ó longo do vindeiro trimestre, comezando este mesmo xoves 10 de setembro e ata o mes de novembro. Cun total de seis seminarios que se celebrarán en horario de tarde, o Centro de Dinamización Empresarial SEARA acollerá ós alumnos en xoves alternos.
Programación das Xornadas Formativas
*O Empresario autónomo: obrigas tributarias. 10 de setembro.
*Xestión eficaz do tempo. 24 de setembro.
*Organización e Dirección de Empresas. 8 de outubro.
*Política de xestión de cobros e pagos. 22 de outubro.
*Apoio á toma de decisións. 5 de novembro.
*Xestión empresarial: administración por obxectivos. 17 e 19 de novembro.
A participación en calquer dos seminarios será gratuíta, polo que hai que se inscribir con antelación para reservar praza e confirmar a asistencia ós cursiños.
As xornadas impartiranse no propio Centro de Dinamización Empresarial, na sede de SEARA no Polígono de Penapurreira, As Pontes.
Para máis información e reserva de praza:
Asociación Empresarios de As Pontes SEARA
Teléfono: 881 245 992
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 07/09/2009 ) |

