| A FEGAMP promove un curso sobre a Implantación dun sistema de xestión e auditoría EMAS |
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a través da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, organiza un curso práctico sobre a Implementación dun sistema de xestión e auditoría EMAS, que se celebrará do 8 ao 12 de novembro en Santiago de Compostela.No mesmo daranse a coñecer as estratexias, instrumentos e procedementos para implantar eficazmente un sistema de xestión medioambiental, poñendo especial interese no seu deseño e desenvolvemento práctico, así como no coñecemento de experiencias locais xa implementadas.
A implantación dun sistema de xestión e auditoría EMAS nos distintos servizos municipais, pola súa propia natureza, require da toma de conciencia da eficacia da nosa xestión municipal, do desenvolvemento de actitudes e aptitudes para abordar os puntos críticos, así como da participación activa en busca de solucións. A formación do persoal político e técnico asociado á área de medio ambiente nas administracións locais é sen dúbida un pilar mestre para acadar estas capacidades, comprender as dimensións do EMAS así como os beneficios medioambientais, económicos e sociais que a súa implantación ofrece.
Os obxectivos desta actividade son:
-Recoñecer os principios e obxectivos do regulamento EMAS. -Identificar similitudes e diferenzas entre o regulamento EMAS e a norma ISO 14001. -Comprender os principios, a finalidade e os beneficios das auditorías ambientais. -Interpretar os requisitos do regulamento EMAS en relación á planificación, implementación, seguimento, medición e revisión do Sistema de Xestión Medioambiental para poder aplicalo aos servizos municipais. Máis información:
Maite Barallobre EGAEL Federación Galega de Municipios e Provincias Tfno.: 981 555 999 www.fegamp.org www.redesostible.net |
|
| Última actualización ( 20/10/2010 ) |

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a través da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, organiza un curso práctico sobre a Implementación dun sistema de xestión e auditoría EMAS, que se celebrará do 8 ao 12 de novembro en Santiago de Compostela.