| A implantación das TIC no medio rural a debate no Pazo de Congresos e Feiras de Lugo |
A Fundación CEL de Lugo organiza unha nova xornada divulgativa, dentro do seu programa de formación permanente, na que se analizarán os beneficios que achegan as Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ámbito rural.Baixo o título "Todo o que necesito saber para mellorar a produción das explotacións mediante as novas tecnoloxías", a xornada pretende concienciar ós asistentes sobre a importancia das novas tecnoloxías para o medio rural nos campos da comercialización, da cooperación e do aumento da produción. A implantación das TIC no ámbito rural supón para os empresarios dos sectores agrícola e gandeiro unha mellora da competitividade e un importante aforro de custos ó produtor.
A xornada celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o vindeiro 19 de novembro, en horario de mañá.
Programa:
09.30h Recepción de asistentes e entrega de documentación 10.00h Relatorio: "Produción de auga quente sanitaria e calefacción mediante recuperación de calor nun tanque de leite" a cargo de D. Daniel López Vispo e Victor Paz Cortiñas - profesores do Instituto de Ensino Secundario "As Mercedes" 10.30h Relatorio: "Aplicación informática para a xestión integral das explotacións gandeiras" a cargo de D. Yann Pouliquen - Enxeñeiro agrónomo e xerente da empresa lucense Xestión Agrogandeira e Natureza 11.15h Relatorio: "Aproximación das TIC ás ganderías de produción de leite" a cargo de D.Ramiro Fouz Dopacio, licenciado en Veterinaria e Secretario Técnico de AFRICOR Lugo 12.00h Pausa - Café 12.15h Relatorio: "Optimización dos custos de produción de leite a través do modelo NIR" a cargo de D. José Luis Ruíz Castillo, profesor de nutrición animal da facultade de veterinaria Afonso X El Sabio de Madrid e representante da empresa Inversiones Moroán 13.00h Relatorio: "Internet na túa explotación" a cargo de D. Juan Carlos Díaz Fernández, Director Técnico de IGN Solutions 13.30h Clausura institucional e sorteo dun ordenador portátil. Xornada gratuíta, previa inscrición.
Teléfono: 982 284 150
|
|
| Última actualización ( 05/11/2009 ) |

