| A RSE como ferramenta de diferenciación |
|
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organiza, en colaboración coas empresas Revertia e AdaptaRSE Solucións, a xornada "A RSE como ferramenta de diferenciación".
O acto terá lugar o próximo luns, 11 de xullo, a partir das 09:30 h na sede da organización empresarial galega (rúa do Vilar 54, Santiago de Compostela). No seu transcurso ofrecerase unha análise sobre o concepto da Responsabilidade Social Empresarial como ferramenta de xestión e diferenciación na que se atenderá a todas as súas dimensións e se dedicará especial atención a dous aspectos considerados de máximo interese: o compromiso ambiental da empresa e a comunicación e as consecuencias dos seus comportamentos nesta materia. Para ampliar esta información pode consultar o programa do acto. As inscricións para asistir á xornada realízanse a través da web: www.ceg.es |
|
| Última actualización ( 06/07/2011 ) |

