| A Universidade da Coruña celebra a terceira edición do "Curso de Emprendemento Cooperativo" |
|
Dirixido ó alumnado da Universidade da Coruña e ós titulados/as universitarios/as, o curso desenvolverase cunha metodoloxía moi práctica e atractiva para os participantes xa que, ademais dos conceptos teóricos que se presentarán, participarán cun simulador de creación de empresas en liña. O Business Game ofrecerá a posibilidade de adquirir habilidades para a xestión dunha empresa con 15 horas de prácticas en liña.
O curso tamén conta cunha visita ó lugar de Chelo, en Betanzos, para que o alumnado poda comprobar in situ a xestión dun Aula de Natureza baixo a fórmula da cooperativa, e coa presenza de emprendedores que apostaron pola creación dunha cooperativa para pór en marcha os seus proxectos empresariais.
Datas: do 23 ó 27 de novembro do 2009.
Lugar: realizaranse dúas edicións:
Edición A Coruña: Campus de Elviña, Facultade de Socioloxía.
Edición Ferrol: Campus de Esteiro, edificio de Apoio ó Estudo.
O seminario será gratuíto, previa inscrición xa que conta con prazas limitadas. Inscrición e máis información:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
Teléfono: 981 167 000, extensións: 4341, 4342, 4376 e 4381.
|
|
| Última actualización ( 16/11/2009 ) |
