| Arrancan en Santiago os seminarios informativos 'Produtos básicos IGAPE para emprendedores' |
A sede do IGAPE en Santiago acolleu o primeiro dos dez seminarios promovidos polo Instituto Galego de Promoción Económica e a UPD Coordina Local para informar aos axentes de emprego e técnicos de promoción económica sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento para pemes deste organismo. Os encontros terán lugar nas sete grandes cidades galegas e nas comarcas de Valdeorras, Costa da Morte e A Mariña de Lugo ata o vindeiro día 9 de outubro. O obxectivo último destas xornadas é dinamizar o tecido empresarial galego, tanto no que atinxe a novas iniciativas emprendedoras como a pemes que xa están funcionando.Santiago, 30 de setembro de 2008.- Técnicos do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), da Consellería de Economía e Facenda, reuníronse hoxe en Santiago cos axentes de emprego da área de Compostela para mellorar e ampliar os seus coñecementos sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento dispoñibles para as empresas. O obxectivo destes encontros, que están a ter lugar en diferentes puntos de Galicia, é familiarizar aos axentes con estas ferramentas, para que fagan chegar esta información aos emprendedores e empresarios da súa zona de influencia, e manter ou mesmo incrementar así o dinamismo na actividade das pemes xa existentes e as de nova creación, unha iniciativa que se considera de especial interese tendo en conta a actual situación económica. Nesta xuntanza de traballo partiparon unha vintena de axentes. Técnicos do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), da Consellería de Economía e Facenda, reuníronse hoxe en Santiago cos axentes de emprego da área de Compostela para mellorar e ampliar os seus coñecementos sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento dispoñibles para as empresas. O obxectivo destes encontros, que están a ter lugar en diferentes puntos de Galicia, é familiarizar aos axentes con estas ferramentas, para que fagan chegar esta información aos emprendedores e empresarios da súa zona de influencia, e manter ou mesmo incrementar así o dinamismo na actividade das pemes xa existentes e as de nova creación, unha iniciativa que se considera de especial interese tendo en conta a actual situación económica. Nesta xuntanza de traballo partiparon unha vintena de axentes. UPD Coordina Local A planificación, programación e organización destas reunións corresponde á Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD) Coordina Local, un grupo de traballo impulsado conxuntamente por IGAPE-BIC Galicia, da Consellería de Economía e Facenda, e a Consellería de Traballo. A tarefa fundamental desta UPD é difundir as ferramentas e servizos para apoiar a creación de empresas e a súa consolidación. Neste sentido, coordina e asesora aos axentes de emprego en relación con iniciativas como as actividades formativas de BIC Galicia, dispoñibles para tódolos técnicos e emprendedores, e que buscan desde difundir a cultura da creación de empresas ata favorecer a maduración de ideas de negocio e a planificación e a xestión empresariais. |
|
| Última actualización ( 03/10/2008 ) |

A sede do IGAPE en Santiago acolleu o primeiro dos dez seminarios promovidos polo Instituto Galego de Promoción Económica e a UPD Coordina Local para informar aos axentes de emprego e técnicos de promoción económica sobre as axudas para emprendedores e as liñas de financiamento para pemes deste organismo. Os encontros terán lugar nas sete grandes cidades galegas e nas comarcas de Valdeorras, Costa da Morte e A Mariña de Lugo ata o vindeiro día 9 de outubro. O obxectivo último destas xornadas é dinamizar o tecido empresarial galego, tanto no que atinxe a novas iniciativas emprendedoras como a pemes que xa están funcionando.