| Asesoramento en Cooperativismo |
O obxectivo desta actividade é achegar recursos e ferramentas acaídas para o asesoramento e acompañamento ás persoas emprendedoras, pondo en valor a opción do cooperativismo como xeito de facer empresa.
Esta actividade diríxese ao persoal técnico de entidades e servizos que traballa na orientación, información e asesoramento a emprendedores/as.
Celebrarase nas seguintes datas e horarios: Días 4, 5, 8, 12 e 15 de xullo de 2011. De 9:00 a 14:00 horas. Desenvolverase no CENTRO DE DESENVOLVEMENTO COOPERATIVO DE NARÓN, FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS, VILACORNELLE, S/N, NARÓN . Máis información:
Patane García Méndez - UGACOTA Travesía de San José, 10, Entrp. A 15002 A Coruña Tel. 881 887 456 / 697 877 773 e-mail: patane[arroba]ugacota.org |
|||
| Última actualización ( 23/06/2011 ) | |||


