| Axudas para Agrupacións Empresariais Innovadoras 2009 do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio |
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio vén de abrir o prazo para a solicitude a axudas dentro do Programa de Apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras. As axudas terán a modalidade de subvencións en réxime de concorrencia competitiva. O prazo para a súa solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 10 de agosto do 2009.O obxectivo destas axudas é o de favorecer a constitución e/ou o fortalecemento dos colectivos empresariais cualificados como Agrupacións Empresariais Innovadoras.
O ámbito material das axudas serán os sectores industriais e de servizos ós que se refire o artigo 3 da Lei 21/1992, de 16 de xullo, de Industria, sen prexuízo do establecido na lexislación comunitaria. Entre outras, serán subvencionables as actividades turísticas e industriais de fomento da cultura, as industrias alimentarias, agrarias, pecuarias, forestais e pesqueiras. A efectos desta orde de axudas, unha Agrupación Empresarial Innovadora (AEI) defínese como a combinación, nun espazo xeográfico ou sector productivo concreto, de empresas, centros de formación, unidades de investigación públicos ou privados integrados en procesos de cooperación que lles permita obter vantaxes ou beneficios derivados da execución de proxectos conxuntos de carácter innovador e alcanzar unha masa crítica tal que permita asegurar a súa competitividade e visibilidade internacionais.
Programa de Apoio ás Agrupacións Empresarias Innovadoras (AEI)
O programa conta con diversas liñas de apoio para a constitución e fortalecemento deste tipo de agrupacións: 1.- Axudas para a elaboración de Plans Estratéxicos 2.- Axudas para o financiamento das estruturas de coordinación, xestión e administración das AEI constituídas. 3.- Axudas para a elaboración de proxectos específicos destinados á fortalecer o potencial innovador das empresas da agrupación. 4.- Axudas para promover accións conxuntas ou proxectos consorciados entre diferentes AEI, españolas ou con clusters de semellantes características ubicadas noutros países da UE. Nunha primeira fase do Programa de Apoio identifícanse as agrupacións que reúnan os requisitos, fase na que se enmarcan as axudas para a elaboración do Plan Estratéxico. Aquelas AEI cun plan estratéxico considerado excelente serán inscritas no Rexistro Especial de Agrupacións Empresariais Innovadoras do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e poderán, a partir dese intre, acceder ó resto de liñas de apoio do programa, así como ter acceso preferente noutros programas desenvoltos dende o MITYC. Poderán ser beneficiarios das axudas para a elaboración de plans estratéxicos os colectivos, agrupacións ou asociación constituídas coma entidades sen ánimo de lucro, que cumplan cos requisitos da definición de Agrupación Empresarial Innovadora. Tañen poderán acceder ás axudas aquelas entidades sen ánimo de lucro e axencias ou outros organismos públicos que promovan o desenvolvemento económico autonómico ou local, que actúen coma impulsoras de futuras AEI. Ó resto de liñas do programa só poderán acceder aquelas entidades que xa estean inscritas no Rexistro Especial de AEI.
No caso do sector turístico, as entidades deberán acreditar un mínimo de 2 anos de funcionamento.
Normativa de referencia Orde ITC/1843/2009, de 3 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras, o réxime de axudas e a xestión das medidas para mellorar a competitividade das pequeñas e medianas empresas mediante o apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras, e efectúase a convocatoria de subvencións correspondente a 2009.
|
|
| Última actualización ( 23/07/2009 ) |

