|
Este apartado recolle unha serie de blogs de promoción económica, coa finalidade de dar a coñecer, ao público en xeral, as accións que realizan os técnicos da rede e o modo de publicitalas, proporcionando, ao mesmo tempo, un apoio a todos aqueles profesionais especializados na creación de empresas e o apoio aos emprendedores.
Algúns destes blogs xurden tras participar os seus autores nas distintas edicións da xornada "A promoción económica mediante o uso de blogs" que impartiu a UPD Coordina Local en diversas localidades ao longo do ano 2010.
|
|
Última actualización ( 11/02/2011 )
|
|
Entidade:
CISF
Descrición: A
idea deste blog é que as persoas que estean a realizar unha busca
activa de emprego, teñan un lugar actualizado diariamente
no que poidan ver as ofertas de emprego máis significativas e que se
adecúen ás súas necesidades; así mesmo, publicaranse artigos prácticos
para realizar
CV, encarar satisfactoriamente as
entrevistas, etc.. e tamén informar da existencia dun asesoramento
personalizado en cada Provincia.
Autora: Diana Rodríguez Rodríguez
|
|
Última actualización ( 21/09/2011 )
|
|
|
Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cortegada. |
|

Programa e/ou entidade: Axencia de emprego e desenvolvemento local do Concello de Cortegada.
Descrición: Blog do Concello de Cortegada, onde se pode atopar
información sobre as distintas liñas de axudas, cursos ou accións de
fomento do emprego. Tamén os eventos e actividades que se realicen,
tanto en Cortegada coma noutros concellos limítrofes.
Autores: Diana Rodríguez
|
|
Última actualización ( 20/07/2011 )
|
|
|
Programa e/ou entidade: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.
Descrición: Este servizo nace co obxectivo de facilitar e impulsar actividades xeradoras de emprego, contribuíndo desta maneira no desenvolvemento socioeconómico do territorio dos catro concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Riveira e Rianxo.
Nesta páxina podedes atopar todo o referente ás súas actividades, pero sobre todo aquelas relacionadas cos catro piares da entidade: investigación (analizar os recursos locais para o seu aproveitamento en proxectos empresariais), información (sobre axudas e subvencións), acompañamento na elaboración do plan de empresa e asistencia técnica no inicio do seu proxecto empresarial.
Autores: Ana Agrelo
|
|
Última actualización ( 09/05/2011 )
|
|
|
Axencia de Desenvolvemento Local Cangas |
|

Programa e/ou entidade: Axencia de Desenvolvemento Local Cangas
Descrición: Este blog pretende poñer de manifesto as "Reflexións sobre emprego a nivel local" no Concello de Cangas, polo que achega información sobre o clube de emprego e os servizos que se prestan (intermediación laboral, autoemprego, formación, etc.).
Autores: Carmen Fandiño Docío
|
|
Última actualización ( 20/07/2011 )
|
|
Programa e/ou entidade: Congreso MODELO: Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local / Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local (AFIPRODEL)
Descrición: Información sobre o congreso, apartado para a descarga dos relatorios e espazo de opinión no que se poden inserir comentarios sobre varios temas.
Autor/es: Afiprodel
http://congreso.afiprodel.org
|
|
Última actualización ( 15/02/2011 )
|
|
|
Programa e/ou entidade: Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local
Descrición: Recolle novas, artigos, ferramentas e ligazóns de interese para os profesionais de desenvolvemento local.
Autor/es: Afiprodel
|
|
Última actualización ( 15/02/2011 )
|
|
|
Programa e/ou entidade: Fundación RONSEL
Descrición: O Blog da Fundación Ronsel quere ser, ademais dunha bitácora de información, un punto de encontro de opinións diversas que lles aporten e suxiran liñas de actuación con respecto ao seu obxectivo primeiro: o fomento do emprego.
Nesta páxina podedes atopar todo o referente ás súas actividades, pero sobre todo aquelas relacionadas cos catro piares da entidade: inserción laboral, orientación, emprego e autoemprego; xunto con novas de ámbito autonómico que teñan relación cos devanditos eidos.
Autores: Fundación RONSEL
|
|
Última actualización ( 15/02/2011 )
|
|
Programa e/ou entidade: Programa Woman Emprende / Universidade de Santiago de Compostela
Descrición: É unha plataforma ideada, xestionada e levada a cabo por mulleres, dirixida ás persoas emprendedoras. Recompila novas, publicacións, axudas, programas relacionadas co emprendemento e a investigación feminina.
Autoras: Eva López Barrio e Raquel Freire Roca.
|
|
Última actualización ( 11/02/2011 )
|
|
|
|