| Carballo acollerá a xornada "Desenvolvemento da actividade empresarial e emprego" |
O Pazo da Cultura de Carballo será a sede da celebración da xornada informativa sobre "Desenvolvemento da actividade empresarial e emprego" que organiza AXOBER, Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños.Dirixida a empresarios/as, profesionais independentes, autónomos/as, emprendedores/as e técnicos que desexen obter coñecementos para o avance empresarial, a xornada celebrarase ó longo dos días 6 e 7 de novembro.
A xornada pretende abordar, dende unha visión práctica e teórica, distintas temáticas sobre o desenvolvemento da bisbarra, dende o financiamento empresarial, as subvencións e axudas para a actividade empresarial, ata o emprego e reindustrialización da Costa da Morte. Asemade, analizaranse distintas experiencias emprendedoras de éxito.
A xornada, que será gratuíta previa inscrición, organízase en colaboración co Concello de Carballo, o IGAPE, a Consellería de Traballo e Benestar e maila Consellería de Economía e Industria.
Horarios:
Venres 6 de novembro: de 16:15 a 19:00 horas.
Sábado 7 de novembro: de 10:30 a 13:30 horas.
Lugar:
Pazo da Cultura de Carballo
Máis información e Inscricións:
Teléfono: 981 756 313
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 03/11/2009 ) |

