| Como afrontar a Crise: Medidas para afrontar a Crise |
A Asociación de Empresarios de Redondela, en colaboración con BIC Galicia, organiza a seguinte xornada "Como afrontar a Crise: Medidas para afrontar a Crise".
Estas xornadas teñen como obxectivo coñecer e poñer en alza os valores do pequeno comercio e como sacarlles valor, así como coñecer as diferentes estratexias coas que pode contar o pequeno comercio para afrontar a situación económica actual.
Porase a disposición do asistente de diferentes medidas e estratexias para afrontar a crise. A xornada vai dirixida a: Empresarios e traballadores do sector comercial, principalmente ou que estean directamente relacionado co mesmo, aínda que tamén estará aberto a empresarios e traballadores do resto dos sectores produtivos.
As datas, desenvolvemento e temario son os seguintes:
Xornada do 5 de Abril 1. Introdución 2. Os valores do pequeno comercio. 3. Medidas para afrontar a crise. · Eu douche máis: A mellora dos servizos complementarios. · Tamén é para ti: Ampliación do segmento de clientes. · Aquí tamén estou: Novos canles de comunicación coa clientela. · Porque ti es o mellor: Concentrarse nos clientes importantes. Xornada do 12 de abril
1. Introdución 2. Os valores do pequeno comercio. 3. Medidas para afrontar a crise. · Por que o tamaño importa: A maior tamaño maior prezo. · Se non podes axúdoche: O financiamento das compras. · Suma e segue: O fraccionamento das compras. · Estamos que o tiramos: Eliminación de stocks. · Mellor do mellor. Servizos premium. · Todo incluído: vendas cruzadas. O horario e lugar:
De 20.30 a 22.30h. Sede da Asociación de Empresarios de Redondela Rúa José Regojo, 2 -1ºB Redondela Máis información:
Número de prazas limitadas Información e Inscrición 986.404.012 ou 986.401.496 web: http://www.empresasredondela.com/ email: info[arroba]empresasredondela.com |
|||
| Última actualización ( 24/03/2011 ) | |||


