| Concurso Fotográfico " Comarca Natural de Bergantiños" |
A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños convoca a 1ª Edición do Concurso Fotográfico Comarca Natural de Bergantiños, unha iniciativa coa que se pretende poñer en valor o territorio, os oficios, a natureza, a etnografía, a xente e o desenvolvemento da bisbarra bergantiñá.A participación está aberta a todas as persoas físicas maiores de idade, así como aos menores con idade igual ou superior aos 16 anos coa correspondente autorización do/a seu/súa titor/a ou representante legal.
O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata o vindeiro 31 de outubro de 2011 e estas deberán presentarse nas oficinas do GDR Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños localizadas no lugar A Camposa, s/n en Buño (Centro Comarcal de Bergantiños), en horario de 9:00 a 14:00 h. de luns a venres.
Concederanse tres gratificacións na categoría de Fotografía Paisaxística e na categoría de Actividades e Oficios cunha dotación económica total de 1.400 e diploma acreditativo.
As bases e os requisitos técnicos do concurso atópanse publicados no taboleiro de anuncios do GDR Bergantiños, na web da Asociación http://www.adbergantinos.org e en www.facebook.com/gdrbergantinos |
|
| Última actualización ( 19/08/2011 ) |

A Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños convoca a 1ª Edición do Concurso Fotográfico Comarca Natural de Bergantiños, unha iniciativa coa que se pretende poñer en valor o territorio, os oficios, a natureza, a etnografía, a xente e o desenvolvemento da bisbarra bergantiñá.