| Coordina Local presenta ós Axentes de Emprego a nova ferramenta informática Emprendendo 4.0 |
A UPD Coordina Local segue a traballar en prol da mellora da formación dos e das Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia co obxectivo de aumentar as súas capacidades profesionais á hora de asesorar e apoiar ós emprendedores e emprendedoras da rexión. Dentro do Programa formativo específico para Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local Plan Económico-Financeiro, a súa operativa práctica chega o momento da presentación da nova ferramenta informática Emprendiendo 4.0, aplicación que servirá ós/ás técnicos/as para confeccionar un completo Plan de Empresa. Participarán nas distintas edicións da xornada formativa un total de 127 Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia. O curso "Emprendiendo 4.0, ferramenta informática para a confección dun plan Económico-Financeiro, dirixido aos Técnicos de Emprego de Galicia, é unha acción formativa presencial desenvolvida pola UPD Coordina Local do IGAPE, en colaboración con BIC Galicia. O curso englóbase dentro das liñas que a UPD Coordina Local ven desenvolvendo no apoio e asesoramento aos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia, conxuntamente coa Consellería de Traballo e Benestar.
Esta actividade pretende adestrar no desenvolvemento práctico dun Plan Económico-Financeiro, utilizando como soporte a ferramenta informática Emprendiendo 4.0. Esta é a última parte da formación "PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO: A SÚA OPERATIVA PRÁCTICA" que engloba tamén o curso "Plan Económico Financeiro. Nivel iniciación" e o "Plan Económico Financeiro. Nivel avanzado"
Xornadas presenciais
A acción desenvolverase nunha única sesión presencial de catro horas de duración e con soporte informático. A xornada formativa consistirá na realización dun caso práctico por parte do alumnado, utilizando como soporte o "Emprendiendo 4.0", adaptado ós requerimentos do proceso de datos da aplicación e tutelado polo docente. Lugares e datas Pontevedra: 25 novembro Ferrol: 26 novembro Lugo: 27 novembro
Ourense: 30 novembro A Coruña: 1 decembro Santiago: 2 decembro Vigo: 4 decembro Máis información: no campus virtual de BIC Galicia. |
|
| Última actualización ( 19/11/2009 ) |

