| Creación de Empresas de Economía Social |
|
O Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego aos Universitarios (SAEE) da Universidade da Coruña e o Ministerio de Traballo e Inmigración-Dirección Xeral da Economía Social do Traballo Autónomo e da Responsabilidades Social das Empresas, organizan as xornadas sobre "Creación de Empresas de Economía Social" co obxectivo de identificar as posibilidades de autoemprego que ofrecen as empresas de economía social, como unha forma de incorporarse ao mundo laboral.
Os destinatarios destas xornadas son:
· Titulados/as procedentes de todas as titulacións · Estudantes que, próximos á súa incorporación ao mundo laboral, deben coñecer opcións alternativas ao traballo por conta allea · Persoas con inquietudes emprendedoras. O programa que se desenvoverá é o seguinte: Qué é a economía social? Cando nace? Características da economía social Diferenzas coas empresas tradicionais Quen forma estas empresas? Políticas e programas de fomento da economía social Unha oportunidade de emprego ou oportunidades de negocio O horario, datas e lugares das distintas xornadas son: De 10 a 13:00h., en todas as sedes. CAMPUS DA CORUÑA Escola Universitaria de Relacións Laborais Salón de Graos Campus de Elviña Día 26 de outubro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Aula 0.5 ( baixo) Campus de Elviña Día 24 de outubro Facultade de CC. da Comunicación Seminario 3 (baixo) Campus de Elviña Día 28 de outubro Centro Universitario de Riazor (CUR) Aula 8 Campus de Riazor Día 31 de outubro CAMPUS DE FERROL Facultade de Humanidades Salón de Graos Campus de Esteiro Día 26 de outubro Escola Universitaria Politécnica Aula de Audiovisuais Campus de Serantes Día 27 de outubro Facultade de Enfermaría e Podoloxía Salón de Graos Campus de Esteiro Día 28 de outubro Facultade de Ciencias do Traballo Aula Magna Campus de Esteiro Día 2 de novembro A inscrición pode realizarse no seguinte enlace: Inscrición gratuíta (prazas limitadas) Observacións da inscrición: cómpre indicar a data e o lugar elixido Certificado de asistencia. Mais información: Tlfno. 981 167 000 Ext. 4341,4382 saee[arroba]udc.es |
|
| Última actualización ( 20/10/2011 ) |
