| Creación e consolidación de empresas en Santiago |
|
A Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago destina 84.000 euros á creación e consolidación de novas empresas en Santiago, a través das seguintes convocatorias:
"Axudas para a creación de novas empresas e Concurso de novas ideas empresariais", publicadas o venres día 13 de maio no BOP e que contan cun orzamento de 84.000 euros:
- Para aquelas persoas que teñen unha idea de negocio, pero non dispoñen de medios para materializala, organízase o Concurso de novas ideas empresariais,
- e para axudar a que se consoliden as empresas de recente creación, convócase unha liña de incentivos.
Estas dúas convocatorias de Compostela Activa 2011 contan cun orzamento de 84.000 euros, dos cales, 60.000 destínanse a Axudas para a creación de novas empresas, e 24.000 euros ao Concurso de novas ideas empresariais.
O prazo de presentación das solicitudes para ambas convocatorias está aberto dende o pasado día 13 de maio de 2011 e rematará o 30 de xuño de 2011.
As persoas interesadas no Concurso de novas ideas empresariais e/ou nas Axudas para a creación de novas empresas poden recibir unha asesoría personalizada no Servizo de Apoio á Empresa, nas oficinas de Promoción Económica, que agora están localizadas nas novas instalacións do CERSIA, sitas na Rúa Alcalde Raimundo López Prol, s/n. en San Lázaro, teléfono 981 54 24 93. O horario é de 9:00 a 14:00 horas.
Maís información: Fernando J. Piñeiro Lameiro Técnico Servizo de Apoio á Empresa Edificio CERSIA Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro) Tfno. 981 56 87 52 fpineirol[arroba]santiagodecompostela.org sae[arroba]santiagodecompostela.org www.maiscompostela.org |
|
| Última actualización ( 09/06/2011 ) |

