| Curso Práctico de Contabilidade de Xestión |
![]() A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa organiza o "Curso Práctico de Contabilidade de Xestión", que se desenvolverá os días 5, 6, 7 e 9 de abril co seguinte horario: de 20:00h a 22:00h o martes, mércores e xoves e de 10:00h a 14:00h o sábado (caso práctico).
O obxectivo é a formación práctica centrada no uso das ferramentas de contabilidade de xestión para a toma de decisións. Tamén pretende dar a coñecer a contabilidade de xestión como instrumento para toma de decisións nas empresas e como aplicar os distintos sistemas de custes a distintos negocios. Vai dirixido a persoas que teñen un negocio ou teñen algunha responsabilidade na empresa.
O temario versará sobre: - Concepto e tipo de custos. - O custo dos produtos terminados. - Análise do punto de equilibrio. - A contabilidade para a toma de decisións. Terá lugar na Aula 3 do Centro de Formación Empresarial Cameral Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Máis información:
O curso terá un custo de 100 . Bonificable ata o 28 de marzo de 2011. Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa
Avda. Doctor Tourón, nº 46 Tlf: 986.56.52.86 |
|
| Última actualización ( 28/03/2011 ) |

