| Curso Creación e Xestión de Empresas |
|
A Concellaría de Emprego e Formación do Concello do Porriño organiza un curso sobre Creación e Xestión de Empresas, co obxectivo de formar aos alumnos na capacidade de deseñar e desenvolver un plan de empresa analizando a súa viabilidade técnica, comercial, económica e financeira.
Os destinatarios do curso son todos os interesados en poñer en marcha un proxecto empresarial no Concello do Porriño. O curso é de caracter gratuíto, pero o aforo é limitado. As datas previstas son: Presentación: 2 de maio de 2011. Curso: Do 9 de maio ao 26 de xuño de 2011. O horario está pendente de confirmar. O lugar no que se desenvolverá a formación será: Multicentro de Torneiros, 2ª Planta. R/ Ribeira s/n
36410 Torneiros O Porriño (Pontevedra).
Máis información:
Inscricións nas dependencias da Concellaría de Emprego Multicentro de Torneiros
R/ Ribeira s/n, baixo
36410 Torneiros
O Porriño (Pontevedra)
ou ben chamando aos teléfonos 986 338 217/ 986 338 905. |
|
| Última actualización ( 28/04/2011 ) |

