| Curso de Asistencia á Dirección en Ferrol para persoas desempregadas |
![]() A Fundación Ferrol Metrópoli convoca un curso de Asistencia á Dirección, de 60 horas lectivas, que terá lugar do 18 de outubro ao 12 de novembro. Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Formación e Colocación) e polo Fondo Social Europeo.
O curso, de carácter gratuíto, vai dirixido a persoas desempregadas. Unicamente hai 15 prazas dispoñibles.
A actividade formativa desenvolverase en horario de 08:30 a 14:30 h. do día 18 ao 22 de outubro e de 16:00 a 18:00 h. nas demais xornadas, na sede da Fundación Ferrol Metrópoli (Rúa Real 178-180, 1º esquerda, Ferrol).
Máis información:
Monica Dopico Axente de Emprego Fundación Ferrol Metropoli Recinto Ferial de Punta Arnela Edificio de Usos Múltiples, 2ª planta 15591 Ferrol - A Coruña Tfno.: 981 333 114 Fax: 981 372 740 |
|
| Última actualización ( 18/10/2010 ) |

