| CURSO DESEÑA (Obradoiro de deseño de proxectos sociais) |
|
A Fundación Ronsel organiza o curso DESEÑA (Obradoiro de deseño de proxectos sociais) dirixido ao persoal directivo, técnico e voluntario de entidades non lucrativas do Concello da Coruña, persoas interesadas no deseño e participación en proxectos de acción social e persoas interesadas en colaborar con entidades de acción social.
Terá lugar o 23 e 26 de maio de 2011 en horario de 16:00 h. a 20:00 h. na sede da Fundación Ronsel (R./Hospital 21 baixo). O programa do curso é o seguinte:
Sesión 1. Ferramentas 2.0 para proxectos de acción social
Ponente: José Souto, Experto en Marketing Dixital
Sesión 2. Programa Europeo Xuventude en Acción
Facilitadoras: Raquel Rioboo e Patricia Mouro do Servizo de Orientación e de Emprendemento, respectivamente, da Fundación Ronsel
Sesión 3. Estratexias de comunicación a través de Googles Adwords
Ponente: Anxo Cabana, Optimizador SEM
Sesión 4. Deseño de proxectos de acción social
Ponente: Rafael Vázquez, Economista Social
Máis información: É un curso gratuíto, pero é necesaria unha inscrición previa, vía mail, proporcionando nome completo e DNI da persona interesada en asistir. Diploma acreditativo. info[arroba]fundacionronsel.org Teléfono: 981 206 234
|
|
| Última actualización ( 19/05/2011 ) |

