| Curso "Prevención do patrimonio empresarial ante a situación actual" en Vilagarcía de Arousa |
A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa organiza un novo cursiño de formación sobre a "Prevención do patrimonio empresarial ante a situación actual" dirixido ós/ás autónomos/as e pequenos/as empresarios/as.Co obxectivo de difundir as estratexias e pautas a seguir que axuden ó/á autónomo/a ou pequeno/a empresario/a a conservar o seu patrimonio empresarial en momentos de dificultade económica, o curso desenvolverase cunha metodoloxía práctica que axuden ós participantes a aclarar as dúbidas que podan ter sobre o tema, ou aquelas que podan xurdir ó longo do cursiño.
O curso celebrarase na propia sede da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa ó longo de tres xornadas, os días 6, 7 e 8 de outubro, en horario de tarde.
Programa:
Ó longo do cursiño darase explicación a numerosos temas que poden xurdir en momentos de dificultade económica.
1.-Contratos bancarios
2.-Executividade das pólizas bancarias
3.-Como negociar cos bancos
4.-Os fiadores de débedas empresariais
5.-Situacións preconcursais
6.-Como defendernos cando nos reclaman
7.-Como negociar cun avogado
Horario: de 16:30h a 20:30 horas.
As xornadas terán un coste de 90 para os que sexan electores e de 110 para aqueles que non o son.
Inscricións e máis información:
Cámara Oficial de Industria, Comercio e Navegación de Vilagarcía de Arousa
|
|
| Última actualización ( 01/10/2009 ) |

