| Curso sobre Creación de Empresas en Pontevedra |
O Concello de Pontevedra, a través do Proxecto ILES (Iniciativas Locais de Emprego Social), organiza un novo seminario formativo dirixido principalmente a persoas desempregadas pero no que poderán participar todos os interesados.O Curso "Creación de Empresas" divídese en tres módulos formativos nos que os alumnos e alumnas poderán aprender a desenvolver e programar un plan de negocio para a nova empresa, analizando tódolos aspectos que conleva o plan de empresa: o marketing, o financiamento, as axudas e subvencións e mesmo o cadro de mandos dun negocio. Ademais de analizar os aspectos xurídicos e fiscais, os participantes serán formados noutros aspectos necesarios para a posta en marcha dun proxecto empresarial.
O curso desenvolverase do 1 ó 18 de decembro na sede do Proxecto ILES, sita en Pontevedra, de luns a venres e en horario de mañá. As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición previa para poder participar.
Programa:
Módulo 1. Programación e desenvolvemento dun plan de negocio para a nova empresa.
-Guía para a creación dun plan de negocios. -O plan de marketing. -O plan de investimento. -O plan de financiamento. Tipos de financiamento e negociación con entidades financeiras. -Análise económico e financeiro. O cadro de mandos. Presuposto de vendas anual, mensual e diario. Contas de resultado provisionais. -Axudas e subvencións na creación de empresa. Módulo 2: Aspectos xurídicos e fiscais.
-Formas xurídicas. Empresario individual e colectivo. Documentación para a creación da empresa. -O contrato de traballo. Modalidades de contratos laborais. -O contrato de aluguer. Aspectos destacados nas cláusulas e técnicas de negociación. Módulo 3: Outros aspectos para a posta en marcha e funcionamento da empresa.
-A intelixencia emocional aplicada ós negocios: negociación con provedores, técnicas de vendas e selección de persoal. -Documentación interna. Nocións de programas de xestión. Datas: do 1 de decembro ó 18 de decembro de 2009
Horario: de 09.30 a 13.30 h, de luns a venres Lugar: Sede do Proxecto ILES Avda. das Camelias 3, Urb. Pontemuíños Lourizán 36156 Pontevedra |
|
| Última actualización ( 20/11/2009 ) |

