| "Curso Uned - Bic Galicia" |
O SAEE UNED A CORUÑA en colaboración con BIC Galicia organizan o seguinte curso: Novos Proxectos de Empresa: Como Analizar un Proxecto Empresarial: da Idea a Empresa.
A temática que se impartirá será a seguinte: ▪A creación de novos proxectos de empresa. Como analizar un proxecto empresarial. ▪Transmitir aos emprendedores os conceptos básicos para elaborar un Plan de Negocio que permita contrastar a viabilidade económica e financeira da súa idea empresarial. Os destinatarios do curso son:
Alumnos/as da UNED e público en xeral. Celebrarase nas seguintes datas e horario: 11, 17,18,19,20,28 de outubro e 2 , 3 , 4, 11 de novembro. Tódalas sesións serán en horario de tarde de 16:00 a 21:00 h, a excepción da primeira xornada, a xornada de entrevistas, que será en horario de mañá de 09:00 a 14:00 h. O lugar de celebración das sesións é: AULA UNIVERSITARIA UNED DE FERROL C/ Maria, 50-52 15402 - Ferrol Notas: HORAS LECTIVAS: 35 O seminario, estrutúrase en sete sesión de formación e dous de apoio ao asesoramento (titorías), realizarase unha sesión previa de entrevistas. A actividade formativa levarase a cabo, seguindo a metodoloxía propia da UNED, combinando as sesións presenciais e de traballo a distancia dos participantes e as titorías de evaluación e asesoramento persoalizado. O seminario e gratuíto, pero o número de prazas e limitado Para facer a inscrición, deberán enviar un correo electrónico a seguinte dirección: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , cos teus datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, DNI, e dirección postal), así como unha breve descrición da idea de negocio. O prazo máximo de inscrición será ata o xoves 6 de outubro, no obstante as prazas son limitadas, e admitiranse as inscrición por rigoroso orden de chegada. Máis información SAEE UNED A CORUÑA C/ Pepín Rivero, 3 15011 A Coruña T.: 981 145 051 F.: 981 145 960 Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver |
|||
| Última actualización ( 04/10/2011 ) | |||


