| Encontro de Mozos Empresarios Norte Portugal - Galicia |
Os destinatarios destas xornadas son os mozos empresarios do Norte de Portugal e de Galicia, con idade inferior a 35 anos, que posúan unha empresa con potencial de crecemento. Entendéndose como tales os empresarios, os administradores, os directores, os xerentes ou xestores dunha empresa individual ou colectiva dos sectores agrícola, industrial, comercial ou de servizos, na cal teñan unha participación no capital social ou exerzan unha actividade profesional. As xornadas desenvolveranse os días 4 e 5 de xuño co horario seguinte: Comezo: 4 de xuño ás 16:00 h Finalización: 5 de xuño ás 18:00 h (Horario portugués). Terán lugar en Braga (Portugal). Máis información: Contacto: Associação de Empreendedores de V.N. Famalição www.aevnf.pt Teléfono: 00 351 914183796 // 00 351 964976339 E-mail: gera[arroba]aevnf.pt Contacto: Instituto Português da Juventude, I.P. www.juventude.gov.pt Teléfono: 00 253 204 250 Fax: 253 204 259 |
|||
| Última actualización ( 27/05/2011 ) | |||

