| Escola de Emprendedores |
|
O Consello Social Universidade de A Coruña e a Fundación da Universidade de A Coruña organizan o "Programa de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras" co obxectivo de potenciar o dominio das competencias, destrezas e ferramentas que calquera emprendedor necesita manexar para os efectos de incrementar o potencial de éxito do seu proxecto empresarial.
O Programa de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras baséase no modelo learning by doing, orientado a potenciar a participación activa do alumnado, que pasarán de ser simples espectadores do programa a se converter en verdadeiros protagonistas deste.
Dirixido ao estudantado e aos recén titulados universitarios, que queren mellorar as súas capacidades de deseño, xestión e avaliación de proxectos, tanto de nova creación como desde o punto de vista interno nunha organización.
Ser titulado universitario de ciclo curto ou longo, ou de grao.
Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos. Matrícula: Ata o 31 de Outubro de 2011.
Data de Inicio: 03 de novembro de 2011
Data de Finalización: 01 de marzo de 2012 A Modalidade do curso é mixta: Presencial: Sesións presencias, obradoiros de traballo, e Outdoor training Modalidade online: Simuladora de empresas (plataforma moodle). Desenvolverase no FUAC: Edificio Normal. Campus de Riazor
Paseo de Ronda 47, 2ª planta. 15011 A Coruña. Máis información: Sandra López- Tel.:981.16.70.00 Ext.4459 ou Ext. 1078. Correo electrónico: slopezj[arroba]udc.es Deberá realizar a preinscrición cubrindo o boletín correspondente a través da web http://www.fundacion.udc.es/ |
|
| Última actualización ( 27/10/2011 ) |
