| Formación |
|
Facilítase información sobre as distintas accións formativas, de carácter presencial e on-line, programadas por BIC Galicia e a UPD Coordina Local, tanto as destinadas a emprendedores e empresarios, como as dirixidas aos técnicos de promoción económica e aos axentes de emprego e desenvolvemento local.
Os cursos presenciais que oferta BIC Galicia fanse en colaboración coas entidades de promoción económica, concellos, universidades, etc. As entidades interesadas nesta oferta formativa deben solicitala directamente ao Bic Galicia. Os seus datos de contacto son: Tlf: 981 54 68 23 / Fax: 981 54 68 32. Dirección Postal: BIC Galicia - Edificio IGAPE 3ª planta. Barrio de San Lázaro 63 A, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).
Considérase prioritario ofrecer a posibilidade de adquirir unha aprendizaxe continua, que permita estar ao día en sectores que están sendo o motor de progreso da nosa sociedade e que cada día demandan profesionais máis e mellor preparados, especialmente no eido das novas tecnoloxías.
|
|
| Última actualización ( 16/02/2011 ) |

Formación