| Habilidades para o emprendimento feminino |
O obxecto desta actividade é axudar ás participantes a desenvolver as habilidades persoais claves na capacidade emprendedora e coñecer a fórmula cooperativa e as súas posibilidades para o emprendemento feminino. Ao remate da formación proponse unha visita cooperativa para coñecer experiencias de emprendemento cooperativo feminino.
Celebrarase entre o 29 de agosto e o 2 de setembro en horario de 9:30 a 14:30 no Centro de Desenvolvemento Cooperativo da Fundación Coren, Estrada Nacional 120, Razamonde, nº 41, Cenlle - Ourense
Esta actividade diríxese a mulleres que queiran desenvolver as súas habilidades persoais para a creación dunha empresa baixo a fórmula cooperativa.
O temario será o seguinte: Módulo1.- As capacidades para emprender. Módulo 2.- Habilidades persoais para o emprendemento colectivo. Módulo 3.- Que é e como funciona unha cooperativa. Módulo 4.- Servizos e recursos para o emprendemento feminino. Módulo 5.- Visita a unha cooperativa. O proxecto Rede EuSumo é promovido pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, O Consello Galego de Cooperativas e outras entidades de economía social e fomento do cooperativismo.
Esta actividade é gratuíta.
Máis información: Patane García Méndez UGACOTA Travesía de San José, 10, Entrp. A 15002 A Coruña Tel.: 881 887 456 / 697 877 773 / e-mail: patane[arroba]ugacota.org Fundación Coren: 988 404 805; fundacioncoren[arroba]fundacioncoren.org |
||||
| Última actualización ( 18/08/2011 ) | ||||

