| II Premios Ferrolterra Emprende |
|
A Asociación de Xoves Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal convoca a II Edición de Premios Ferrolterra Emprende co obxectivo de fomentar a vocación empresarial e difundir a cultura emprendedora e recoñecer a labor dos xoves emprendedores da nosa comarca.
Poderán ser candidatos a participar no Premio todas as empresas radicadas nas Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, tanto persoas físicas como xurídicas, sempre e cando un dos empresarios ou directivos da empresa non superen os 41 anos de idade.
Outorgarase un único Premio: Premio ao Emprendedor do ano, dotado dun ciclo de actividades formativas enfocadas a directivos de empresas.
O xurado resérvase o dereito de outorgar mención de honor ou accésit se a calidade do proxecto así o xustifique.
Poderanse presentar as candidaturas ata o día 18 de novembro antes das 19 horas.
A entrega dos premios realizarase o día 23 de Novembro de 2011 en colaboración có Concello de Ferrol no Centro Torrente Ballester de Ferrol as 20 horas.
Máis información: Telf: 981 333322 http://www.ajeferrolterra.org/ premio2011[arroba]ajeferrolterra.org |
|
| Última actualización ( 28/10/2011 ) |

