| II Xornadas de Arbitraxe Mercantil na Cámara de Comercio de Ourense |
A Cámara de Ourense organiza a segunda edición das "Xornadas de Arbitraxe Mercantil" ó abeiro do Programa de Formación para empresarios/as e emprendedores/as da provincia. Unha xornada na que se desenvolverán dúas mesas redondas de debate e na que participarán destacadas personalidades e relatores do ámbito xudicial, económico e universitario.
Nesta segunda edición, o contido da xornada formativa centrarase nos non pagamentos e nas solucións para cobralos. Baixo o título "Receitas e vías para cobrar os non pagamentos", ó longo dos relatorios analizarase polo miúdo a Lei de Morosidade 3/2004. Outros dos temas de debate no que poderán participar os asistentes será a Arbitraxe Mercantil no sector inmobiliario.
A xornada celebrarase o vindeiro martes, 17 de novembro, na sede da Cámara de Comercio e Industria de Ourense en horario de tarde. É necesaria a inscrición previa para poder asistir.
A segunda edición das "Xornadas de Arbitraxe Mercantil" están organizadas pola Cámara de Comercio de Ourense, coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo e mailo Ilustre Colexio de Avogados de Ourense.
A participación na xornada formativa será gratuíta previa inscrición. Entregarase certificado de asistencia.
Data: 17 novembro 2009.
Horario: 18:30h a 21:00 horas.
Lugar:
Cámara de Comercio e Industria de Ourense
Avda. da Habana, 30 bis.
Inscrición:
Teléfono: 988 233 116
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 11/11/2009 ) |

