| III Xornadas sobre Emprego e Discapacidade Intelectual en Galicia |
![]() FADEMGA FEAPS GALICIA vai celebrar o venres 12 de novembro as III XORNADAS SOBRE EMPREGO E DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN GALICIA, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
Nestas xornadas trataranse temas relacionados cos Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción Laboral, o acceso das persoas con discapacidade ao emprego público, a implantación do Real Decreto de Emprego Con Apoio e as cláusulas sociais e contratos públicos en Galicia e noutras comunidades.
As III Xornadas sobre Emprego e Discapacidade Intelectual en Galicia están patrocinadas pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, a Consellería de Traballo e Benestar e Caja España.
Máis información:
FADEMGA FEAPS GALICIA Servizo de Fomento do Emprego Vía Pasteur 53-A, Polígono Industrial do Tambre 15890 Santiago de Compostela Tfno.: 981 51 96 50 Ext.3 Fax: 981 51 96 51 www.fademga.org |
|
| Última actualización ( 21/10/2010 ) |

