|
Encontro de Mozos Empresarios Norte Portugal - Galicia |
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Portugués de Xuventude organizan o "Encontro de Mozos Empresarios Norte Portugal - Galicia" co obxectivo de promover a cooperación entre os mozos empresarios do Norte de Portugal e de Galicia.
Os destinatarios destas xornadas son os mozos empresarios do Norte de Portugal e de Galicia, con idade inferior a 35 anos, que posúan unha empresa con potencial de crecemento. Entendéndose como tales os empresarios, os administradores, os directores, os xerentes ou xestores dunha empresa individual ou colectiva dos sectores agrícola, industrial, comercial ou de servizos, na cal teñan unha participación no capital social ou exerzan unha actividade profesional.
|
|
Última actualización ( 27/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
Última actualización ( 25/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia |
|
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dentro do Programa EDUEMPRENDE (Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia) organiza o vindeiro xoves 26 de Maio de 2011 a "Mesa redonda sobre valoración e alternativas de financiamento de plans de empresa."
Como actividade previa á 4ª e última sesión das xornadas do «Programa Avanza» dentro de «Eduemprende», Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, celebradas no IES PORTOVELLO de Ourense no mes de febreiro e marzo, celebrarase unha mesa redonda no que participaran representantes de diferentes entidades de financiamento para que os asistentes poidan achegarse a algunhas orientacións sobre elementos de valoración de proxectos e alternativas de financiamento para plans de empresa que se poidan desenvolver.
|
|
Última actualización ( 27/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
CURSO DESEÑA (Obradoiro de deseño de proxectos sociais) |
|

A Fundación Ronsel organiza o curso DESEÑA (Obradoiro de deseño de proxectos sociais) dirixido ao persoal directivo, técnico e voluntario de entidades non lucrativas do Concello da Coruña, persoas interesadas no deseño e participación en proxectos de acción social e persoas interesadas en colaborar con entidades de acción social.
Terá lugar o 23 e 26 de maio de 2011 en horario de 16:00 h. a 20:00 h. na sede da Fundación Ronsel (R./Hospital 21 baixo).
|
|
Última actualización ( 19/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xornada práctica sobre as obrigas legais en xestión de residuos |
|
A Cámara de comercio e Industria de Ourense e a Conselleria de Medio ambiente, territorio e Infraestructuras organizan a Xornada práctica sobre as obrigas legais en xestión de residuos.
Esta xornada está dirixida a a todas as empresas ou actividades xeradoras de residuos nos seus procesos produtivos, así coma para o público en xeral interesado no tema.
A xornada terá lugar o vindeiro 26 de maio, en horario de 9.30h a 13.30h, no viveiro de empresas da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, ubicado no parque tecnolóxico de Galicia, rúa Vigo Nº 2, san cibrao de viñas, ourense. |
|
Última actualización ( 24/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
Última actualización ( 18/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 55 - 60 de 406 |