|
VI Xornadas de educación da UNED |
|
O COIE UNED A CORUÑA coa colaboración da SAEE UNED A CORUÑA organizan as VI Xornadas de Educación da UNED: "A inserción laboral e o emprendedor nos profesionais do ámbito social: unha aplicación práctica", co obxectivo de analizar e avaliar a evolución e eficacia das estratexias para a inserción social e laboral en xeral, identificar as realidades innovadoras e emprendedoras, ofrecer ferramentas e metodoloxía e difundir as iniciativas postas en marcha.
Levarase a cabo o 13 de maio do 2011 en horario de 09:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h. no CENTRO UNED A CORUÑA, C/ Pepín Rivero 3, A Coruña.
|
|
Última actualización ( 05/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
Igape e Bic Galicia organizan a Xornada Bioemprende na que se pretende descifrar as claves e resultados do programa BIOEMPRENDE e, ao mesmo tempo, se ofrecerá unha excelente oportunidade para facer networking.
Terá lugar o próximo 5 de maio no Hostal dos Reis Católicos de 10:00 a 14:00 horas.
|
|
Última actualización ( 03/05/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O valor do deporte: un camiño cara á integración |
|

A Asociación Síndrome de Down Coruña organiza a seguintes xornadas sobre deporte e integración "O valor do deporte: un camiño cara á integración", co obxectivo de favorecer a integración de persoas con discapacidade e contribuír á formación de profesionais que traballan con persoas con discapacidade.
Os destinatarios das xornadas son os profesionais do ámbito da discapacidade, futuros profesionais (como estudantes de Terapia Ocupacional, INEF, Fisioterapia, Ciencias da Saúde); entidades deportivas, persoas con discapacidade e familiares.
O prazo de inscrición remata o mércores 4 de maio de 2011
|
|
Última actualización ( 29/04/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso Creación e Xestión de Empresas |
|

A Concellaría de Emprego e Formación do Concello do Porriño organiza un curso sobre Creación e Xestión de Empresas, co obxectivo de formar aos alumnos na capacidade de deseñar e desenvolver un plan de empresa analizando a súa viabilidade técnica, comercial, económica e financeira.
Os destinatarios do curso son todos os interesados en poñer en marcha un proxecto empresarial no Concello do Porriño.
O curso é de caracter gratuíto, pero o aforo é limitado.
|
|
Última actualización ( 28/04/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
A Ruta do Viño do Ribeiro e o Concello de Ribadavia organizan as seguintes xornadas formativas en Enoturismo: Innovación, Adaptabilidade e mellora da Calidade de Sevizos Enoturísticos, co obxectivo de dar a coñecer os xacementos de emprego no mundo do enoturismo, a dinamización socioeconómica dos territorios vitivinícolas, como mellorar o marketing do teu negocio turístico e diferentes ferramentas que axudarán a ofrecer un mellor servizo no teu establecemento.
Vai dirixido aos socios da Ruta do Viño do Ribeiro, AEDLs, Axentes de Promoción Económica, Empresarios do sector turismo ou vitivinícola e público en xeral.
|
|
Última actualización ( 20/04/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Medrando Obradoiros de Emprendemento |
|
A Asociación Plataforma polo Emprego organiza o curso "Medrando Obradoiros de Emprendemento" coa finalidade de proporcionar, ás persoas participantes, unha formación básica na área do emprendemento e/ou autoemprego e avanzar na posta en marcha de iniciativas empresariais.
Será en datas e horario seguintes: 25, 26, 27 de abril e os días 2, 3, 4 de maio en horario de 16:30 a 19:00 horas.
Os destinatarios da formación son:
Público en xeral, con especial dedicación ás mulleres, inmigrantes, emigrantes retornadas, mozos e maiores de 45 anos.
A formación é gratuíta incluíndo o asesoramento e tutela personalizada para cada proxecto.
|
|
Última actualización ( 13/04/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 67 - 72 de 406 |