|
Programa de Xestión Empresarial Avanzada no ITE Novacaixagalicia |
|
O Instituto Tecnolóxico Empresarial Novacaixagalicia (ITE), xunto coa Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) e coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organizan o Programa de Xestión Empresarial Avanzada, que ten un total de 112 horas lectivas presenciais e consta de 4 módulos teórico-prácticos, completados co desenvolvemento de habilidades de dirección a través de coaching directivo individualizado e outdoor training.
Desenvolverase no Instituto Tecnolóxico Empresarial Novacaixagalicia (Ronda de Nelle 31, A Coruña) de febreiro a maio. As clases presenciais impartiranse os xoves (de 9:00 a 14:00 h. e de 15:30 a 18:30 h.). |
|
Última actualización ( 09/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Presentacións das Axudas á Internacionalización do IGAPE |
|
Técnicos do Igape informarán sobre as características das liñas de axudas publicadas polo Igape para impulsar, en 2011, a internacionalización das empresas galegas. As xornadas explicativas desenvolveranse o xoves 10 de febreiro, de 10 a 12 horas e de forma simultánea nas sedes da Xunta de Galicia nas 7 cidades gallegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.
As liñas de axuda convocadas, no marco das Bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas, son as seguintes:
IG156 Seminarios
IG151 Planificación exterior
IG110 Participación en eventos no exterior
IG123 Misións comerciais directas
IG124 Misións comerciais inversas
IG154 Misións tecnolóxicas directas e inversas
IG172 Marketing, comunicación e marca
IG173 Prospección internacional
IG158 Primeira implantación promocional conxunta no exterior (Plan Primex)
|
|
Última actualización ( 08/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Adiado o curso de Prevención e tratamento da morosidade nas pemes en Ourense |
|
O Concello de Ourense e a Escola de Organización Industrial adía o curso sobre a Prevención e tratamento da morosidade nas PEMES. As novas datas están aínda pendentes de confirmar.
O obxecto do curso é mellorar o control comercial e diminuír o risco-cliente por parte do pequeno empresario, polo que o público destinatario do mesmo componse dos empresarios e persoal das PEMES.
|
|
Última actualización ( 09/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Cursos de Poda en Altura e de Técnicas de Comunicación e Xestión do Tempo |
CEGASAL (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro) que aposta pola formación continua como instrumento para a promoción e adaptación dos profesionais dos centros especiais de emprego ás novas esixencias do mercado organiza, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, dúas novas accións formativas:
1.- Curso de Poda en Altura, que se celebrará do 18 de febreiro ao 5 de marzo en Ames.
2.- Curso de Técnicas de Comunicación e Xestión do Tempo, que se celebrará do 28 de febreiro ao 5 de abril en Santiago de Compostela.
|
|
Última actualización ( 08/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Axudas á internacionalización do IGAPE |
|
O IGAPE publicou no DOG do mércores 2 de febreiro de 2011 a Resolución do 31 de xaneiro de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica á internacionalización das empresas galegas, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia non competitiva.
|
|
Última actualización ( 03/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Presentación do Congreso de Desenvolvemento MODELO |
|
Afiprodel (Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local) coa colaboración da UPD Coordina Local-BIC Galicia, IGAPE, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Universidade da Coruña organiza o Congreso de Desenvolvemento MODELO. O vindeiro xoves 3 de febreiro, ás 12:30 h., na Casa Consistorial do Concello de Carnota (A Coruña) terá lugar a presentación oficial do congreso, na que se informará do programa e as actividades do mesmo e se darán a coñecer as comunicacións seleccionadas.
|
|
Última actualización ( 01/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 115 - 120 de 406 |