|
Xornada informativa sobre a Prevención de Riscos Laborais na empresa, en Ferrol |
 A Fundación Ferrol Metrópoli organiza o encontro informativo "Prevención de Riscos Laborais nas empresas" no que se analizará a necesidade de adoptar medidas neste eido no tecido empresarial da comarca. A Fundación Ferrol Metrópoli traballa en prol da formación e a difusión de tecnoloxías e ferramentas de xestión entre as empresas da comarca, participando na planificación estratéxica do Ferrol Metropolitano.
Organizada co obxectivo de sensibilizar ó tecido empresarial da comarca de Ferrol, Eume e Ortegal, ó longo da xornada participarán expertos que analizarán a normativa sobre Prevención de Riscos Laborais e a súa aplicación. A participación de profesionais da materia permitit¡rá ós asistentes coñecer casos prácticos e experiencias de éxito de empresas que decidiron incorporar na súa xestión medidas de Prevención de Riscos.
O encontro celebrarase o vindeiro xoves, día 26 de novembro, na sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol.
|
|
Última actualización ( 23/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso sobre Creación de Empresas en Pontevedra |
 O Concello de Pontevedra, a través do Proxecto ILES (Iniciativas Locais de Emprego Social), organiza un novo seminario formativo dirixido principalmente a persoas desempregadas pero no que poderán participar todos os interesados.
O Curso "Creación de Empresas" divídese en tres módulos formativos nos que os alumnos e alumnas poderán aprender a desenvolver e programar un plan de negocio para a nova empresa, analizando tódolos aspectos que conleva o plan de empresa: o marketing, o financiamento, as axudas e subvencións e mesmo o cadro de mandos dun negocio. Ademais de analizar os aspectos xurídicos e fiscais, os participantes serán formados noutros aspectos necesarios para a posta en marcha dun proxecto empresarial.
O curso desenvolverase do 1 ó 18 de decembro na sede do Proxecto ILES, sita en Pontevedra, de luns a venres e en horario de mañá. As prazas son limitadas polo que é necesaria inscrición previa para poder participar.
|
|
Última actualización ( 20/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Obradoiro práctico sobre igualdade na empresa na Cámara de Ourense |
 A Cámara de Comercio de Ourense organiza unha nova xornada formativa dedicada ós plans de igualdade na empresa e dirixida a tódalas persoas interesadas no tema.
Baixo o título de "Medidas e Plans de Igualdade", o obradoiro impartirase cunha metodoloxía de carácter práctico no que se introducirá ós participantes na busca da eficiencia na empresa e a calidade de vida a través dos plans de igualdade. Ó longo da xornada analizarase polo miúdo a Lei de Igualdade e como afecta ás empresas, así como a conciliación e os beneficios que achega a aplicación na empresa das medidas incluidas nos plans de igualdade.
O obradoiro terá lugar no Viveiro de Empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia, sito en San Cibrao das Viñas, o vindeiro 23 de novembro durante todo o día. A asistencia e participación na xornada será gratuíta previa inscrición xa que o aforo é limitado. Entregarase certificado de asistencia ós participantes.
|
|
Última actualización ( 20/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Xunta de Galicia pón en marcha o Plan Impulsa Lugo para apoiar novos investimentos na provincia |
 O consello de dirección do IGAPE aprobou as bases reguladoras das axudas destinadas a bonificar os gastos financeiros dos préstamos directos concedidos con fondos BEI para apoiar novos investimentos na provincia de Lugo. Estas bases súmanse ás modificacións normativas xa aprobadas en outubro para facer posible que os investimentos impulsados na provincia de Lugo conten con maior intensidade de apoio financeiro.
Deste xeito, a Xunta de Galicia da un importante paso adiante en canto ao desenvolvemento do Plan Impulsa Lugo, que foi presentado polo presidente da Xunta o pasado 24 de setembro e que fai posible que os investimentos impulsados polas pequenas empresas poidan recibir subvencións de ata o 50% na provincia.
Segundo as bases para bonificar os xuros e comisións dos préstamos con fondos BEI destinados a financiar novos investimentos na provincia de Lugo, a solicitude destas axudas financeiras poderá facerse ao mesmo tempo que se solicita o correspondente préstamo; o prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de decembro de 2010.
|
|
Última actualización ( 19/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Coordina Local presenta ós Axentes de Emprego a nova ferramenta informática Emprendendo 4.0 |
 A UPD Coordina Local segue a traballar en prol da mellora da formación dos e das Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia co obxectivo de aumentar as súas capacidades profesionais á hora de asesorar e apoiar ós emprendedores e emprendedoras da rexión.
Dentro do Programa formativo específico para Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local Plan Económico-Financeiro, a súa operativa práctica chega o momento da presentación da nova ferramenta informática Emprendiendo 4.0, aplicación que servirá ós/ás técnicos/as para confeccionar un completo Plan de Empresa. Participarán nas distintas edicións da xornada formativa un total de 127 Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia.
O curso "Emprendiendo 4.0, ferramenta informática para a confección dun plan Económico-Financeiro, dirixido aos Técnicos de Emprego de Galicia, é unha acción formativa presencial desenvolvida pola UPD Coordina Local do IGAPE, en colaboración con BIC Galicia. O curso englóbase dentro das liñas que a UPD Coordina Local ven desenvolvendo no apoio e asesoramento aos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia, conxuntamente coa Consellería de Traballo e Benestar.
|
|
Última actualización ( 19/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Xunta pon en marcha o Plan Impulsa Ourense para apoiar novos investimentos na provincia |
 O consello de dirección do IGAPE, dependente da Consellería de Economía e Industria, aprobou as modificacións normativas necesarias para facer posible que os investimentos impulsados na provincia de Ourense conten con maior intensidade de apoio financeiro, tanto pola vía das subvencións a fondo perdido como mediante préstamos directos con xuros subvencionados.
Deste xeito, a Xunta de Galicia da un importante paso adiante en canto ao desenvolvemento do Plan Impulsa Ourense, que foi aprobado polo consello da Xunta desenvolvido na cidade das Burgas o pasado 22 de outubro e que fai posible que os investimentos impulsados polas pequenas empresas poidan recibir subvencións de ata o 50% na provincia.
Segundo a acordo adoptado polo consello de dirección do IGAPE, as Bases Reguladoras dos incentivos económicos do Instituto poderán acoller e apoiar investimentos a partir de 200.000 euros se a localización escollida é na provincia de Ourense, cando no nivel xeral de Galicia o mínimo investimento subvencionable ascende a 500.000 euros.
|
|
Última actualización ( 17/11/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 13 - 18 de 156 |