|
III Xornadas sobre Emprego e Discapacidade Intelectual en Galicia |
|
FADEMGA FEAPS GALICIA vai celebrar o venres 12 de novembro as III XORNADAS SOBRE EMPREGO E DISCAPACIDADE INTELECTUAL EN GALICIA, no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.
Nestas xornadas trataranse temas relacionados cos Centros Especiais de Emprego e Empresas de Inserción Laboral, o acceso das persoas con discapacidade ao emprego público, a implantación do Real Decreto de Emprego Con Apoio e as cláusulas sociais e contratos públicos en Galicia e noutras comunidades. |
|
Última actualización ( 21/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Invierta VII. Encontro entre investimentos privados e emprendedores en Vigo |
|
O Foro de Iniciativas y Negocios do Círculo de Empresarios de Galicia (CFV) e Redinvest organizan o Invierta VII. Encontro entre investimentos privados e emprendedores, que terá lugar o xoves 28 de outubro en Vigo (salón de actos do Círculo de Empresarios de Galicia, Avda. García Barbón 62). |
|
Última actualización ( 20/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A FEGAMP promove un curso sobre a Implantación dun sistema de xestión e auditoría EMAS |
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a través da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade, organiza un curso práctico sobre a Implementación dun sistema de xestión e auditoría EMAS, que se celebrará do 8 ao 12 de novembro en Santiago de Compostela.
No mesmo daranse a coñecer as estratexias, instrumentos e procedementos para implantar eficazmente un sistema de xestión medioambiental, poñendo especial interese no seu deseño e desenvolvemento práctico, así como no coñecemento de experiencias locais xa implementadas.
|
|
Última actualización ( 20/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Cursos sobre a Xestión de Residuos e a Calidade e Seguridade Alimentaria en Vilagarcía |
 A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa organiza dous cursos que terán lugar os venres e sábados, do 22 de outubro ao 20 de novembro, na propia sede da entidade.
-O obxectivo do curso sobre a Xestión de residuos é que o alumnado adquira coñecementos básicos, tanto teóricos como prácticos, sobre a xestión dos residuos que se xeran nas demolicións e na construción, para a súa posterior posta en práctica, e informar aos técnicos que participan na xestión de obras e proxectos.
-Os obxectivos do curso sobre a Calidade e seguridade alimentaria son: afondar nas necesidades e esixencias en materia de seguridade alimentaria, identificar os principais protocolos que se demandan á industria alimentaria, comprender e integrar os requisitos de seguridade alimentaria esixidos ao sector, coñecer os principios dos APPCC como sistema preventivo para asegurar a inocuidade dos alimentos, así como coñecer as diferentes normas e protocolos privados de seguridade alimentaria.
|
|
Última actualización ( 20/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xuntanza Nacional de Axencias de Desenvolvemento Rexional |
|
O vindeiro 28 de outubro o IGAPE organiza en Santiago de Compostela a xuntanza das Axencias de Desenvolvemento Rexional (ADRs) do Estado. Baixo o lema "La gestión del talento como pilar de la competencia empresarial" abordaranse diversas cuestións relacionadas cos procesos de innovación e internacionalización das empresas, así como o papel das ADRs nos mesmos.
|
|
Última actualización ( 20/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
III Congreso da Confederación española de Cascos Históricos |
Compostela Monumental organiza o III Congreso da Confederación española de Cascos Históricos, que terá lugar o xoves 21 de outubro no Hotel Monumento San Francisco (Campiño de San Francisco s/n.) en Santiago de Compostela.
|
|
Última actualización ( 20/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 211 - 216 de 406 |