|
A Federación de Autónomos de Galicia organiza o III Congreso Nacional de Autónomos |
|
A Federación de Autónomos de Galicia organiza o III Congreso Nacional de Autónomos, que terá lugar en Santiago de Compostela o día 21 de outubro, en horario de 9:00 a 19:00 h.
O obxecto deste congreso é informar sobre:
-A Estratexia EU 2020.
-O desenvolvemento do Estatuto do Traballador Autónomo.
-A formación, innovación, novas tecnoloxías e financiamento para pequenas e medianas empresas.
|
|
Última actualización ( 20/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
AESGAL organiza as I Xornadas de Xerentes de Sociedades Laborais na Coruña e Vigo |
Hoxe 18 de outubro tivo lugar en Vigo a primeira xornada de Xerentes de Sociedades Laborais, que contará cunha nova edición mañá día 19 na Coruña, ás 11:30 h., no Hotel Tryp Coruña (R./ Ramón y Cajal 53).
Estas actividades están organizadas pola Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL).
O obxectivo principal destas accións formativas é dar a coñecer o financiamento e as características das sociedades laborais. |
|
Última actualización ( 18/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Cámara de Comercio de Ourense pon en marcha o programa Feira do Coñecemento |
|
A Cámara de Comercio e Industria de Ourense pon en marcha o programa Feira do Coñecemento, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), o Ministerio de Ciencia e Innovación e as Cámaras de Comercio.
O obxectivo fundamental é favorecer a transmisión do coñecemento entre as empresas e os provedores do mesmo (universidades, centros de investigación, centros de formación profesional...), co fin de xerar aplicacións e utilidades concretas que favorezan a competitividade do sector privado, en particular, as pequenas e medianas empresas.
A primeira das accións previstas terá lugar o 19 de outubro, cunha xornada de sensibilización e aproximación ao entorno da innovación, que se celebrará no viveiro de empresas sito no Parque Tecnolóxico de Galicia (R./ Vigo 2, San Cibrao das Viñas, Ourense). |
|
Última actualización ( 18/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso de Asistencia á Dirección en Ferrol para persoas desempregadas |
|
A Fundación Ferrol Metrópoli convoca un curso de Asistencia á Dirección, de 60 horas lectivas, que terá lugar do 18 de outubro ao 12 de novembro. Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Formación e Colocación) e polo Fondo Social Europeo.
O curso, de carácter gratuíto, vai dirixido a persoas desempregadas. Unicamente hai 15 prazas dispoñibles. |
|
Última actualización ( 18/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso: Internet como instrumento para a investigación de mercados e a comercialización en Vilagarcía |
 A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa organiza o curso Internet como instrumento para a investigación de mercados e a comercialización.
O seminario terá lugar en horario de 20:00 a 22:00 h. os días 19, 20 e 21 de outubro na Aula da Cámara de Comercio (Avda. Dr. Tourón 46, Vilagarcía de Arousa).
|
|
Última actualización ( 18/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Seminario de Negociación e Dirección de Equipos de Alto Rendemento en Mos |
A Asociación de Empresarios de Mos e a Confederación de Empresarios de Pontevedra organizan o seminario Negociación e Dirección de Equipos de Alto Rendemento que terá lugar o martes 19 de outubro en horario de 18:00 a 20:00 h. na sede da asociación (Estrada de Peinador 41, Mos).
|
|
Última actualización ( 18/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 217 - 222 de 406 |