|
Xornadas sobre os Residuos Industriais en Boiro e Santiago de Compostela |
A Cámara de Comercio de Santiago organiza a xornada A Prevención e Valorización de Residuos Industriais, no marco do proxecto Red Genera (cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal).
Esta actividade está dirixida a PEMES dos sectores: metal-mecánica, construción, industria alimentaria e téxtil. |
|
Última actualización ( 18/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Seminario: Aspectos básicos das Empresas de Inserción |
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar organizan o seminario Aspectos básicos das Empresas de Inserción.
Este curso gratuíto, que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de outubro, unicamente conta con 15 prazas.
O prazo de inscrición remata o próximo xoves 21 de outubro. |
|
Última actualización ( 15/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xornada de Autónomos e Baixas Laborais en Pontevedra |
 A Federación de Autónomos de Galicia organiza unha xornada para o fomento da prevención de riscos laborais, que leva por título Autónomos e Baixas Laborais: a Importancia da Cultura Preventiva.
Esta actividade terá lugar o luns 11 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 h. na Feira de Mostras de Pontevedra (Salón de Actos do Auditorio, Pazo de Congresos e Exposicións, Rúa Alexandre Bóveda s/n, Pontevedra).
O curso centrarase na vulnerabilidade do traballador autónomo ante os riscos laborais, a importancia da cultura preventiva entre os autónomos e a nova Lei de Réxime de Autónomos.
|
|
Última actualización ( 08/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Xornada A Promoción Económica mediante o uso de Blogs na Coruña |
Hoxe, 15 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 h. terá lugar na Coruña a Xornada A Promoción Económica mediante o uso de Blogs, organizada pola UPD Coordina Local · BIC Galicia.
Esta acción formativa ten como obxectivo que os técnicos de emprego, axentes de desenvolvemento local e outros técnicos de promoción económica obteñan os coñecementos básicos para crear e desenvolver un blog. Tamén se verán distintos exemplos prácticos de blogs de promoción económica, distintas aplicacións de carácter gratuíto, e posibles temáticas que se poderían tratar con estas ferramentas web.
|
|
Última actualización ( 15/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso de Publicidade para Pemes en Vilagarcía |
A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa organiza o curso Comunicación Empresarial: Publicidade para pemes que terá lugar os días 13 e 14 de outubro na súa sede.
O obxecto destas xornadas é que os empresarios adquiran un coñecemento básico dos diferentes aspectos prácticos e teóricos da publicidade, que analicen como actúa a publicidade nas relacións coas restantes variables da mercadotecnia e que coñezan as estratexias que lles permitan a súa aplicación práctica.
|
|
Última actualización ( 06/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Seminario para a xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais en Oroso |
|
O Concello de Oroso organiza un Seminario para a xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais que se celebrará os días 3, 10 e 17 de novembro en horario de 9:00 a 14:00 horas no centro cultural Fernando Casas e Novoa.
Este curso está dirixido aos desempregados, traballadores por conta allea e traballadores por conta propia.
Estes seminarios constitúen unha ferramenta de formación para que o potencial emprendedor sexa capaz de xerar, madurar e avaliar a idea de negocio.
|
|
Última actualización ( 06/10/2010 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 223 - 228 de 406 |