|

O Consello Social Universidade de A Coruña e a Fundación da Universidade de A Coruña organizan o "Programa de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras" co obxectivo de potenciar o dominio das competencias, destrezas e ferramentas que calquera emprendedor necesita manexar para os efectos de incrementar o potencial de éxito do seu proxecto empresarial.
O Programa de Desenvolvemento de Competencias Emprendedoras baséase no modelo learning by doing, orientado a potenciar a participación activa do alumnado, que pasarán de ser simples espectadores do programa a se converter en verdadeiros protagonistas deste.
|
|
Última actualización ( 27/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Motivación Emprendedora en Boiro |
 O Concello de Boiro organiza o "Seminario de Motivación Emprendedora" co obxectivo de difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos, que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.
Vai dirixido ao público en xeral.
Os contidos da xornada son:
- A figura do emprendedor.
- A idea de negocio.
- A posta en marcha.
Realizarase o venres 11 de novembro de 2011 en horario de 17 a 20 horas no Centro Social do Concello de Boiro.
|
|
Última actualización ( 27/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Creación de Empresas de Economía Social |
|

O Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego aos Universitarios (SAEE) da Universidade da Coruña e o Ministerio de Traballo e Inmigración-Dirección Xeral da Economía Social do Traballo Autónomo e da Responsabilidades Social das Empresas, organizan as xornadas sobre "Creación de Empresas de Economía Social" co obxectivo de identificar as posibilidades de autoemprego que ofrecen as empresas de economía social, como unha forma de incorporarse ao mundo laboral.
|
|
Última actualización ( 20/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
II Edición Premios INNOVA-G 2011 |
|
Acto de entrega dos Premios INNOVA-G 2011, promovidos pola Asociación Gallega de Empresas TIC, que premian as empresas galegas tecnolóxicas, de internet, contidos dixitais, os emprendedores e as start-up galegas con maior proyección.
O premio consiste nun emblema conmemorativo e unha campaña de banners na rede do sector TIC
A
entrega de premios oficiais realizarase ó día 14 de Outubro de 2011 en
Santiago de Compostela, na sala de Conferencias do Centro Social
Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, nº 17) ás 12 horas, acto al que se
puede asistir enviando un e-mail á organización con nome, cargo,
empresa:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
(aforo limitado).
|
|
Última actualización ( 19/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha novas edicións dos cursos de formación e divulgación do cooperativismo a través da plataforma de teleformación do Consello Galego de Cooperativas. As accións formativas desenvolveranse de outubro de
2011 a
xuño de 2012 e son totalmente gratuítas.
O obxectivo principal destas accións formativas é achegar, mediante as tecnoloxías da información e a comunicación, unha formación empresarial cooperativa de calidade, actualizada e interactiva, que versará sobre distintas temáticas: divulgación cooperativa, habilidades sociais, igualdade de oportunidades, responsabilidade social, así como ferramentas de xestión empresarial adaptadas ó eido cooperativo. |
|
Última actualización ( 06/10/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Os Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local no DIA EMPRENDEDOR 2011
Con obxectivo de dar a coñecer novas ideas e proxectos de éxito para o fomento da actividade emprendedora, O Día Emprendedor Galicia 2011 achegará nas súas xornadas de Lugo (18 de outubro), Ourense (20 de outubro) e Santiago (25 de outubro) un seminario específico para técnicos de promoción económica, axentes de emprego e axentes de emprego e desenvolvemento local no que se explicará, a través de exemplos e casos reais, como deseñar ideas novas ou extrapolar, adaptar e mellorar ideas xa existentes para aplicalas a diferentes proxectos.
O Día Emprendedor é una iniciativa promovida pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e Bic Galica e en colaboración coa iniciativa Emprendemos Juntos do Mityc. O seu obxectivo é a promoción da actividade emprendedora, fundamental nun contexto de crise como o actual. Os interesados en participar xa poden inscribirse a través da web www.diaemprendedor.com.
|
|
Última actualización ( 04/10/2011 )
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 19 - 24 de 406 |