|
Programa de Formación de Emprendedores no Comercio da Cámara de Comercio de Pontevedra |
 A Cámara de Comercio de Pontevedra oferta un novo Programa Formativo no que poderán participar de xeito gratuíto máis de 20 emprendedores/as ou comerciantes xa establecidos/as.
O Programa Formativo Emprendedores no Comercio ten como obxectivo o de capacitar ó/á emprendedor/a para valorar a viabilidade da súa idea e poñela en marcha, ademais de saber rendabilizala ó máximo se xa está funcionando.
Con 200 horas de formación, o Programa ten un contido teórico e práctico que abarca as distintas áreas do negocio, dende a elaboración dun plan estratéxico ata a súa posta en marcha e consolidación. O curso desenvolverase dende a outubro ata decembro.
Para poder participar haberá que reservar praza antes do vindeiro 5 de outubro, entrando no proceso de preselección que será realizado polo director de proxecto.
|
|
Última actualización ( 16/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Asociación de Empresarios de Mos organiza o seminario "Apoio á toma de decisións" |
 A Asociación de Empresarios de Mos, en colaboración con BIC Galicia, o IGAPE e mailo Concello de Mos, continúa co seu ciclo de seminarios e xornadas formativas dirixidas á empresarios, directivos e profesionais independentes.
Co obxectivo de dar a coñecer a importancia da información no proceso de decisión e os principais métodos para a súa obtención, a vindeira semana celebrarase o seminario "Apoio á toma de decisións".
Cursiño que se impartirá en dúas xornadas, os días 23 e 24 de setembro, en horario de tarde, cun total de 6 horas de formación que servirá para presentar as estratexias que existen para dar apoio á toma de decisións no eido empresarial.
|
|
Última actualización ( 16/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Obradoiro "Adaptación da empresa á Economía Dixital" en Ourense |
 A Cámara de Comercio e Industria de Ourense organiza unha xornada informativa sobre o Programa da UE "Adaptación da Empresa á Economía Dixital".
Trátase dunha iniciativa de ámbito estatal dirixida a impulsar a incorporación das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) nos procesos de traballo das pequenas e medianas empresas.
O programa, promovido polo Consello Superior de Cámaras, está incluído nos Programas Operativos para as rexións de Converxencia no seu Eixe 2 Desenvolvemento e Innovación Empresarial, estando cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
A xornada terá lugar o vindeiro 17 de setembro na sede da Cámara de Ourense a partir das 16hs. Para asistir haise que inscribir xa que o aforo é limitado. |
|
Última actualización ( 09/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Seminarios de Mellora Empresarial para a Hostalería e o Comercio en Sada |
 Organizados polo BIC Galicia e mailo IGAPE en colaboración co Concello de Sada, os seminarios están dirixidos a empresarios, autónomos e empregados do sector hostaleiro, así como a xerentes e traballadores do pequeno comercio.
Dúas serán as xornadas formativas que se celebrarán neste mes de setembro: As obrigas tributarias dun negocio de hostalería e Deberes tributarios do pequeno comercio. Ámbalas dúas terán lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns a partir das 20.00hs.
Preténdese coa celebración dos seminarios aumentar os coñecementos sobre os deberes tributarios existentes que deben cumprir ás empresas destes sectores, ademais de introducir os criterios de decisión básicos para saber escoller correctamente as opcións legais máis convenientes para a empresa. Un dos puntos máis destacados será a contextualización da empresa dentro do sistema tributario español. |
|
Última actualización ( 09/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A UPD Coordina Local mantén aberto o prazo de inscrición no curso "Plan Económico-Financeiro" |
 A Upd Coordina Local mantén aberto o prazo para inscribirse na acción formativa "Plan Económico-Financeiro. A súa operativa práctica" dirixida ós Axentes de Emprego e Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local e organizada coa colaboración de BIC Galicia.
O seu obxectivo é o de achegar ós axentes de emprego novos coñecementos necesarios para que podan comprender, desenvolver e analizar un estudo económico-financeiro dun proxecto de empresa. Coñecementos que servirán para mellorar o seu traballo diario de asesoramento e aopio ós/ás emprendedores/as.
O curso desenvolverase cunha metodoloxía mixta presencial e on-line, impartíndose clases presenciais en distintas localidades do territorio e co apoio dun campus virtual. |
|
Última actualización ( 08/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Uniemprende organiza o curso "Marketing e Técnicas de Vendas" |
 A Escola de Negocios Uniemprende (ENU), responsable da formación do Programa de Creación de Empresas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza unha nova acción formativa co cursiño "Marketing e Técnicas de Vendas".
O curso inclúese no marco do programa de actividades formativas do 2009 da Escola de Negocios Uniemprende e está dirixido a emprendedores, técnicos de empresa, membros da comunidade universitaria e público en xeral interesado neste eido empresarial.
Un seminario que se celebrará na Aula de Formación do Edificio Cáctus da USC, no Campos Sur, os días 23 e 24 de setembro en horario de mañá e tarde ata completar un total de 16 horas lectivas. A data límite para se inscribir é o 14 de setembro.
|
|
Última actualización ( 04/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 295 - 300 de 406 |