|
PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA EMPRENDEDORES |
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, UGACOTA, promove o obradoiro " PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS" no marco da programación de actividades nos Centros de Desenvolvemento Cooperativo de Narón e de Lugo, dentro da REDE EuSumo.
O obxectivo desta actividade é achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo. Mostrar dende un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas. Ao remate da formación proponse unha visita a unha cooperativa coa intención de visualizar na práctica o aprendido
Esta actividade diríxese á poboación en xeral, en especial ás persoas desempregadas e persoas interesadas en emprender un proxecto empresarial. Esta actividade é gratuíta.
|
|
Última actualización ( 02/08/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
VI Feira do Viño da D.O. Monterrei |
O Concello de Verín e o Consello Regulador Monterrei organizan a "VI Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei" coa finalidade de amosar a todo o público os viños das adegas da comarca avalados pola D.O. Monterrei. Tamén se pretende dar a coñecer a comarca de Verín como destino enoturístico, atraendo o turismo de interior e desestacionalizado.
Celebrarase os días 6 e 7 de agosto no Recinto Feiral co seguinte horario:
Sábado: 19:00 a 01:00 h.
Domingo: 11:00 a 14:30 h / 19:00 a 23:30 h.
|
|
Última actualización ( 11/08/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso Superior de Gis e Teledetección. |
 A Cámara de Comercio e Industria de Ourense organiza o "Curso Superior de GIS (Sistema de Información Xeográfica) e Teledetección aplicado ao Medio Ambiente", coa finalidade de facilitar a aprendizaxe con ferramentas de traballo de xeolocalización.
O curso vai destinado a traballadores, empresarios e demais xente interesada.
As datas de inicicio e finalización son:
Inicio: 16-09-2011.
Finalización: 22-10-2011.
O curso desenvolverase na Sede da Cámara de Comercio en horario de venres pola tarde e sábados pola mañá.
|
|
Última actualización ( 01/08/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
VI Feira Artesán - Gastronómica, Concello de Castroverde. |
O Concello de Castroverde (Lugo) organiza a "VI Feira Artesán - Gastronómica" coa finalidade de promover o noso patrimonio cultural, etnográfico e gastronómico dentro do marco dun recinto feiral único que acolle aos profesionais da artesanía tradicional galega con demostración dos oficios en vivo e a participación activa dos visitantes en diferentes obradoiros artesanais.
Celebrarase o 21 de agosto de 2011 dende as 10:00 horas no Recinto Feiral do Concello de Castroverde.
|
|
Última actualización ( 11/08/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Promoción do Cooperativismo para persoas emprendedoras |
|
A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, UGACOTA, promove o obradoiro "PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO PARA PERSOAS EMPRENDEDORAS" no marco da programación de actividades do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, dentro da REDE EuSumo.
O obxectivo desta actividade é, por unha parte, achegar o modelo cooperativo á cidadanía e, en especial, a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo e, por outra, mostrar desde un punto de vista práctico, e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
Esta actividade diríxese á poboación en xeral, en especial ás persoas desempregadas e persoas interesadas en emprender un proxecto empresarial.
Desenvolverase os días 26, 27, 28 e 29 de xullo e 1 de agosto de 2011, en horario de 9:30 a 14:30 horas, no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín, Polígono Industrial de Pazo, Verín, Ourense.
|
|
Última actualización ( 19/07/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Master en Creación, Dirección e Innovación na Empresa |
A Universidade de Vigo xunto coa Consellería de Traballo e Benestar organizan o "Master en Creación, Dirección e Innovación na Empresa".
O Máster Oficial é adecuado ás necesidades do mercado laboral actual e da chamada nova economía do coñecemento.
O obxectivo deste Máster é formar persoal co coñecemento da realidade que habitan e a capacidade de liderado e a cultura innovadora indispensábeis para xerar e participar en proxectos empresariais que acrecenten de forma verdadeiramente tanxíbel a capacidade innovadora da estrutura económica na que se insiren. Neste sentido, procúrase achegar unha visión global e estratéxica das empresas e das características das contornas en que estas desenvolven a súa actividade, xa que unicamente desde unha perspectiva integral se poderá facer fronte aos requirimentos e desafíos dun ambiente económico en continuo cambio e de carácter complexo.
|
|
Última actualización ( 06/07/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 42 de 406 |