|
O IGAPE xestiona a Liña de Axudas para autónomos e microempresas "Plan Re-Solve" |
O Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, é o organismo da Xunta de Galicia encargado da xestión das axudas ó financiamento do circulante subsidiado e avalado para autónomos e microempresas do Plan Re-Solve.
Trátase de axudas en réxime de concorrencia non competitiva dirixidas ás microempresas con domicilio fiscal en Galicia, ós autónomos e ás agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, ás comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axuda.
O IGAPE respalda operacións novas de financiamento de circulante (pólizas de crédito e de préstamo), avalando ante as Sociedades de Garantía Recíproca (SGR) un 25% do seu risco, para que estas, á súa vez, avalen ante as entidades financeiras un 90%. O IGAPE farase cargo da comisión de aval e de estudo das SGR, de xeito que a súa participación sexa sen custo para o solicitante do préstamo.
O prazo de presentación de solicitudes de aval finalizará o 30 de decembro do 2009.
|
|
Última actualización ( 05/10/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
O IGAPE xestiona a Liña de Axudas para empresas "Plan Re-Brote" |
O Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, é o organismo da Xunta de Galicia encargado da xestión das axudas ó circulante para empresas do Plan Re-Brote, liña de avais para o acceso a financiamento operativo adicional a través de liñas de crédito, de desconto, factoring e confirming.
Trátase de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixidas as empresas con domicilio social e fiscal en Galicia que non se atopen en situación de crise, que desenvolvan unha actividade subvencionable e que presenten un proxecto obxecto do financiamento avalado que sexa considerado viable e dentro dos límites de risco asumibles polo IGAPE.
O IGAPE poderá garantir operacións de financiamento novas, excluíndo expresamente a substitución de créditos bancarios preexistentes. Cada unha das subvencións poderá ser concedida por unha entidade financieira asinante do Convenio ou ben por un sindicato bancario formado por entidades asinantes do mesmo.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de decembro do 2009.
|
|
Última actualización ( 02/10/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Seminario "Organización e Dirección de empresas" no Polígono do Ceao en Lugo |
|
Baixo o título de "Organizacion e Dirección de Empresas", o cursiño persegue potenciar as habilidades dos participantes para planificar e organizar o funcionamento dunha empresa, ademais de priorizar e aproveitar as oportunidades da empresa e do seu ámbito de actuación.
Dirixido ó persoal e xerentes de Pequenas e Medianas empresas, ademais de a profesionais independentes, o seminario tamén está aberto a tódolos interesados. O curso celebrarase o vindeiro 14 de outubro en horario de tarde e, para participar na xornada de formación, haise que inscribir cunha semana de antelación. |
|
Última actualización ( 02/10/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Curso "Prevención do patrimonio empresarial ante a situación actual" en Vilagarcía de Arousa |
 A Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa organiza un novo cursiño de formación sobre a "Prevención do patrimonio empresarial ante a situación actual" dirixido ós/ás autónomos/as e pequenos/as empresarios/as.
Co obxectivo de difundir as estratexias e pautas a seguir que axuden ó/á autónomo/a ou pequeno/a empresario/a a conservar o seu patrimonio empresarial en momentos de dificultade económica, o curso desenvolverase cunha metodoloxía práctica que axuden ós participantes a aclarar as dúbidas que podan ter sobre o tema, ou aquelas que podan xurdir ó longo do cursiño.
O curso celebrarase na propia sede da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa ó longo de tres xornadas, os días 6, 7 e 8 de outubro, en horario de tarde.
|
|
Última actualización ( 01/10/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Seminario sobre "Política de xestión de cobramentos e pagamentos" na Estrada |
|
Na xornada, que será gratuíta, poderán participar persoal e xerentes de PEMES, así como profesionais independentes interesados no tema a tratar. O obxectivo deste novo seminario é o de ofrecer ós e ás participantes os coñecementos necesarios para dominar os conceptos básicos de equilibrio na tesourería.
O seminario celebrarase o vindeiro 17 de outubro en horario de mañá na sede da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, cun aforo limitado a 20 participantes.
|
|
Última actualización ( 29/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Seminario de Planificación Empresarial en Santiago de Compostela |
 O vindeiro 27 de outubro dará comezo unha nova edición do Seminario de Planificación Empresarial, organizado por Uninova en colaboración co BIC Galicia. Este seminario, totalmente gratuíto, conta cun crédito de libre configuración para os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O seminario está dirixido a todas aquelas persoas que desexan aprender a elaborar un Plan de Empresa; ó longo do mesmo facilitarase ós alumnos a metodoloxía e mailas ferramentas necesarias para o desenvolvemento do plan de empresa.
Trátase dun cursiño aberto ó público en xeral que se desenvolverá na Aula de Formación do Edificio Emprendia do Campus Sur da USC, en Santiago de Compostela, e en horario de tarde ó longo do mes de novembro. |
|
Última actualización ( 28/09/2009 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 37 - 42 de 156 |