|
Os autónomos ante a situación económica actual |
|

A Asociación Empresarial de Profesionales y Autónomos de Ourense-AEPA organiza a xornada "Os autónomos ante a situación económica actual: propostas para superar a crisis", co obxectivo de analizar máis a fondo o cambio de escenario que se está producindo, investigando as saídas que se adoptaron ao longo da historia, durante épocas de cambio, e as opcións máis convenientes para afrontalo no presente.
Pivotará sobre tres puntos básicos: favorecer o desenvolvemento das habilidades necesarias nos negocios do S.XXI, a unión de PEMES e Autónomos para buscar alternativas, compartir recursos e buscar sinerxías.
|
|
Última actualización ( 23/06/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Liñas de financiamento XESGALICIA |
|

A CONFEDERACIÓN EMPRESARIAL DE OURENSE organiza unha Xornada Informativa sobre as Liñas de Finaciamento de XESGALICIA, co obxectivo de informar e asesorar aos empresarios e emprendedores dos Fondos de Capital Risco que ofrece Xesgalicia: Xes-Innova, Fondo Emprende e Fondo Adiante.
Ao remate da xornada, os participantes poderán recibir Asesoramento á carta, de forma individual e personalizada, sobre as liñas descritas ou formular outra cuestión relativa a Xesgalicia.
A xornada será impartida por D. José Manuel Ortigueira Bobillo de Xesgalicia.
Celebrarase o 21 de xuño de 2011 dende as 10:00 horas na sede da Confederación Empresarial de Ourense, Praza das Damas, 1-32005 Ourense.
|
|
Última actualización ( 14/06/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|

A FEDERACIÓN GALEGA DE XOVES EMPRESARIOS-AJE GALICIA organiza o "Encontro Comercial e Premio Xoven Empresario de Galicia 2010".
O obxectivo desta xornada é:
-Conseguir contactos en toda Galicia: establecer contactos con xoves empresarios e emprendedores das catro provincias galegas.
-Concretar unha axenda personalizada: manter entrevistas cos perfís máis interesantes a escoller entre máis de 100 empresas a través dunha plataforma online. A través da mesma poderás xerar unha axenda onde se describirá o número de mesa asignado, a hora e a empresa interlocutora.
-Dar a coñecer o teu negocio e descubrir novos mercados e retos empresariais.
Celebrarase o próximo 7 de xullo dende as 9:20 h ata as 17: h., no Hotel Monumento San Francisco. Campillo de San Francisco, 3 Cp. 15705. Santiago de Compostela.
O prazo de presentación de proxectos remata o 30 de xuño as 19:00 horas.
|
|
Última actualización ( 14/06/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|

A UNED PONFERRADA organiza o curso "que son e para que serven as redes sociais? co obxectivo de que, mediante un núcleo forte de persoas que se comprometan a compartir as súas experiencias e achados na optimización das Redes Sociais, os asistentes adquiran competencias inicialmente dende un enfoque xeral e introdutorio e, a continuación, máis concreto en dúas áreas como son o Desenvolvemento Territorial e o Marketing Dixital.
Este curso de verán está dirixido a estudantes, investigadores ou profesionais motivados pola metodoloxía do Análise das Redes Sociais.
Podes descargar o temario aquí.
Celebrarase dende o 11 ao 15 de Xullo do 2011 co seguinte formato:
12 sesións teóricas de 2 horas e 1 mesa redonda.
Terá lugar no CENTRO UNED A CORUÑA, C/ Pepín Rivero, 3 15011 A Coruña.
|
|
Última actualización ( 10/06/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Creación de empresas de base biotecnolóxica. |
|

O CENTRO TECNOLÓGICO DO MAR (CETMAR), organiza o seminario CREACIÓN DE EMPRESAS DE BASE BIOTECNOLÓXICA NO SEGMENTO DA VALORIZACIÓN DE SUBPRODUCTOS E ORGANISMOS MARIÑOS co obxectivo de dar a coñecer, da man de entidades que traballan nesta área, e por tanto que mellor coñecen o entramado biotecnolóxico, cales son as capacidades e instrumentos dispoñibles no noso ámbito para afrontar a creación de novas empresas de corte biotecnolóxico e, á vez, coñecer de primeira man a experiencia exitosa de algunhas empresas que se desenvolven no terreo da valorización de subprodutos e uso de organismos mariños.
Está dirixido a todas as persoas interesadas na valorización biotecnolóxica dos produtos e dos subprodutos mariños.
Celebrarase o 22 de xuño de 2011 en horario de 10:00 h. a 14:00 horas, no Centro Tecnológico del Mar-Fundación CETMAR, C/ Eduardo Cabello s/n-Bouzas; 36208 Vigo.
|
|
Última actualización ( 10/06/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Creación e consolidación de empresas en Santiago |
|

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago destina 84.000 euros á creación e consolidación de novas empresas en Santiago, a través das seguintes convocatorias:
"Axudas para a creación de novas empresas e Concurso de novas ideas empresariais", publicadas o venres día 13 de maio no BOP e que contan cun orzamento de 84.000 euros:
- Para aquelas persoas que teñen unha idea de negocio, pero non dispoñen de medios para materializala, organízase o Concurso de novas ideas empresariais,
- e para axudar a que se consoliden as empresas de recente creación, convócase unha liña de incentivos.
Estas dúas convocatorias de Compostela Activa 2011 contan cun orzamento de 84.000 euros, dos cales, 60.000 destínanse a Axudas para a creación de novas empresas, e 24.000 euros ao Concurso de novas ideas empresariais.
|
|
Última actualización ( 09/06/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 49 - 54 de 406 |