| IV edición da Xornada "Emprende en Compostela" |
|
O Concello de Santiago de Compostela e o BIC Galicia organizan unha nova edición da Xornada "Emprende en Compostela" que se celebrará o vindeiro 27 de outubro no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia.
Baixo o título de "Estratexias para o emprendemento en tempo de crise", a xornada está dirixida ás persoas interesadas en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos e ás que están dando os seus primeiros pasos ó fronte dunha empresa ou proxecto emprendedor.
Este ano conta cun novo espazo de promoción para aquelas empresas de Santiago de Compostela no que poderán informar ós asistentes e entidades participantes sobre oo servizos e produtos que ofrecen.
O prazo de inscrición rematará o vindeiro 26 de outubro para asistentes e o 15 de outubro para as empresas.
O obxectivo da xornada, enmarcada no programa Compostela Activa é o de fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participan distintas organizacións vinculadas ao emprendemento e ao desenvolvemento do emprego en Santiago.
No acto de presentación tamén estarán presentes Ana Núñez, Técnica de Avaliación e Diagnóstico do BIC Galicia; Jesús Asorey, Presidente da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela; e Francisco Javier Rodríguez, Responsable de Institucións da Delegación Xeral de Galicia de La Caixa.
Baixo a denominación de "Estratexias para o emprendemento en tempos de crise", o programa desta cuarta edición foi deseñado tendo en conta o actual contexto económico, intentando adaptalo ás demandas de información e ás necesidades actuais das persoas emprendedoras (utilizacion de novas tecnoloxías, innovacion, medidas para afrontar a crise, etc.). Durante a xornada repartiránse lápices de memoria de 2 GB con información sobre oportunidades de negocio, constitución de novas empresas, estudos de viabilidade, estadísticas da evolución económica da cidade, etc. Ademais, a Concellaría de Promoción Económica instalará un Punto de Asesoramento para persoas emprendedoras, no que se ofrecerá información sobre oportunidades de negocio; creacion, constitución e desenvolvemento de empresas; iniciativas locais de emprego; e sobre o Servizo de Apoio á Empresa. Este servizo pon a disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento e consolidacion dos seus negocios. Pola súa banda, as distintas entidades participantes contarán con stands nos que se informará sobre os servizos e produtos que ofrecen relacionados co emprendemento.
A IV Xornada Emprende en Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica e BIC Galicia, está cofinanciada pola Deputación de A Coruña. Conta coa colaboración das seguintes entidades: AJE Marineda (Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña), Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Em Rede (Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca), USC (UNINOVA), Obra Social Caixa Galicia, La Caixa e a empresa Artefacto Producciones.
Máis información e inscricións:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
|
|
| Última actualización ( 06/10/2009 ) |

