| IV taller formativo vTigerCRM |
|
A dinámica e desenvolvemento do taller será:
· Os inscritos dispoñerán de materiais especificamente deseñados para a formación virtual, coa finalidade de facilitar a aprendizaxe. · Establécese un titor por cada 3 ou 4 asistentes, encargado de facer un seguimento do progreso de cada un deles, atender as súas dúbidas a través de titorías en tempo real (chat) e titorías en tempo diferido (foros). · Haberá que realizar unha tarefa cada semana, que se enviará ao titor para que a valore e, de ser o caso, indique suxestións de mellora. ¿Que é vTigerCRM e que vantaxes ten?: vTiger CRM é un software de xestión de relacións cos clientes baseado na web. Aínda que está deseñado para medianas e pequenas empresas, tamén é posible utilizalo para construír as complexas estruturas dunha empresa de grandes dimensións. Bríndalle á empresa a capacidade de identificar, atraer e reter clientes, axudando a incrementar a satisfacción destes a través do coñecemento das súas necesidades e a optimización da xestión da forza de vendas. vTiger CRM é un ferramenta integral que abrangue todo o ciclo de vendas da empresa: captación de clientes potenciais, peche dunha venda, xeración de ordes de compra e facturas, atención e soporte ao cliente, etc. vTiger CRM administra as campañas de marketing da empresa: marketing por correo electrónico, formularios en liña e comercialización de produtos específicos, entre outros. Tamén dispón doutros recursos, tales como calendario, xestión de tarefas e eventos, xestión de contactos, envío masivo de correos, correos electrónicos personalizados, arquivos adxuntos, etc.
Vantaxes de vTiger CRM:
· Manexo sumamente sinxelo.
· Integración co ámbito ofimático. · vTigerCRM creouse cunha licenza GNU de fonte aberta, é dicir, non é necesario realizar investimentos previos en custosas licenzas. · Utilízase unicamente a través dun programa navegador web e non é necesario instalar ningún software no sistema do cliente. · É posible implementar múltiples posibilidades de adaptación. · Conta cunha comunidade moi ampla e un extenso grupo de desenvolvemento que garanten a seguridade no futuro. Máis información:
· As prazas son limitadas. Admitirase unha inscrición por empresa. · Prezo: 75 euros. · Ao final do curso, o Aula TIC PEMEs entregará un certificado de participación aos que superasen con éxito as tarefas propostas. Diego (Adtvo. Aula TIC PEMEs) Telf. 982 285 900, ext. 24483 atpemes[arroba]usc.es www.usc.es/atpemes |
|
| Última actualización ( 21/03/2011 ) |
