| Master en Creación, Dirección e Innovación na Empresa |
O Máster Oficial é adecuado ás necesidades do mercado laboral actual e da chamada nova economía do coñecemento.
O obxectivo deste Máster é formar persoal co coñecemento da realidade que habitan e a capacidade de liderado e a cultura innovadora indispensábeis para xerar e participar en proxectos empresariais que acrecenten de forma verdadeiramente tanxíbel a capacidade innovadora da estrutura económica na que se insiren. Neste sentido, procúrase achegar unha visión global e estratéxica das empresas e das características das contornas en que estas desenvolven a súa actividade, xa que unicamente desde unha perspectiva integral se poderá facer fronte aos requirimentos e desafíos dun ambiente económico en continuo cambio e de carácter complexo. Consultar o programa.
As datas de matriculación son: O primeiro prazo de matrícula abarca do 1 ao 7 de xullo e o segundo do 30 de agosto ao 12 de setembro. Realizaranse na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Universidade de Vigo, Campus Universitario As Lagoas s/n, 32004 Ourense. Máis información: Nuria Rodríguez López Prof. Dpto. Organización de Empresas e Marketing Coordinadora Máster Oficial Creación, Dirección e Innovación na Empresa (http://www.fcetou.uvigo.es/mastercidie/) Universidade de Vigo Facultade Ciencias Empresariais e Turismo As Lagoas. Campus de Ourense 32004-Ourense (Galicia-España) Tel: +34 988 36 87 44 Fax: +34 988 36 89 23 |
|||
| Última actualización ( 06/07/2011 ) | |||


