| Máster en Dirección e Xestión da Formación. |
|
A Fundación Laboral da Construcción e a Universidade de Santiago de Compostela organizan o "Máster en Dirección e Xestión da Formación" co obxectivo de formar expertos en dirección e xestión da formación para institucións e empresas.
Vai dirixido a Titulados universitarios (diplomados ou licenciados), ou alumnos no último ano do grao, que obteñan a titulación con anterioridade á data de finalización do máster. Persoas desempregadas ou ocupadas. A datas de inicio e finalización son:
Inicio: 25/11/2011 Finalización: Setembro 2012.
O master ten unha estrutura mixta (on-line e presencial) e o horario das clases presenciais será os vernes dende as 17:00h ás 21:00h e sábados dende as 09:30h ás 13:30h.
Impartiranse na sede da Fundación Laboral de la Construcción de Teo A Poboa 16 Montouto 15883 Teo (A Coruña) Tlf.: 981 80 15 55 Fax: 981 80 16 13 |
|
| Última actualización ( 14/11/2011 ) |

