| Medrando Obradoiros de Emprendemento |
A Asociación Plataforma polo Emprego organiza o curso "Medrando Obradoiros de Emprendemento" coa finalidade de proporcionar, ás persoas participantes, unha formación básica na área do emprendemento e/ou autoemprego e avanzar na posta en marcha de iniciativas empresariais.
Será en datas e horario seguintes: 25, 26, 27 de abril e os días 2, 3, 4 de maio en horario de 16:30 a 19:00 horas. Os destinatarios da formación son:
Público en xeral, con especial dedicación ás mulleres, inmigrantes, emigrantes retornadas, mozos e maiores de 45 anos. A formación é gratuíta incluíndo o asesoramento e tutela personalizada para cada proxecto. As persoas interesadas poden remitir o formulario de inscrición ó e-mail plataformaemprego[arroba]gmail.com ou por Fax ao nº 981 580 506
Máis información:
Plataforma polo Emprego tel.: 981 580 506
Rúa Concheiros nº 33-1º
15703 Santiago de Compostela.
|
|||
| Última actualización ( 13/04/2011 ) | |||

