| "Novas Oportunidades para a Diversificación Agrícola" |
|
O Grupo de Desenvolvemento Rural O Salnés (GDR O SALNÉS) organiza a xornada "Novas Oportunidades para a Diversificación Agrícola" o próximo xoves, 17 de marzo de 2011 no Centro Comarcal do Salnés Exposalnés" - Paseo da Calzada, s/n, Cambados, Pontevedra.
O horario da xornada será de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas. A xornada vai dirixida a:
- Agricultores, cooperativas Agrícolas, propietarios de terras, demandantes de emprego e demais interesados en coñecer novos cultivos que poidan supoñer unha oportunidade para a diversificación, así como coñecer algunhas experiencias xa postas en marcha. - Técnicos de grupos de desenvolvemento rural, Técnicos de oficinas agrarias comarcais e técnicos de organizacións agrarias interesados en afondar no coñecemento destas novas oportunidades para a diversificación e mellorar a información sobre as mesmas co obxectivo de poder trasladalas ao sector.
Esta xornada, enmarcada no Proxecto de Cooperación "Novos Horizontes", preséntase como unha oportunidade para avanzar no coñecemento de novos cultivos e/ou aproveitamentos que están demostrando ter un crecente interés polos mercados.
Concretamente, esta Xornada xirará en torno a experiencias ligadas á produción de arándanos, plantas medicinais ou setas, ademais de coñecer proxectos postos en marcha para a valorización de producións agrícolas e coa finalidade de estudar a adaptabilidade do Trigo Sarraceno ao norte peninsular.
A xornada desenvolverase coa seguinte programación:
10:30 h. INAUGURACIÓN - Dña. Alejandra Álvarez de Mon Rego. Directora Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais. Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia. - D. Jorge Domínguez Rosal. Presidente do GDR O Salnés. - D. Luis Aragunde Aragunde. Alcalde do Concello de Cambados. 11:00 h. MÚLTIPLES APROVEITAMENTOS DO MONTE: CULTIVO DE COGOMELOS A PARTIR DA MICORRIZACIÓN. - D. Francisco J. Fernández de Ana-Magán. Presidente da Asociación Forestal de Galicia e Director de I+D de Hifas da Terra, S.L. 11:45 h. Pausa café
12:00 h. O CULTIVO DE ARÁNDANOS E OS SEUS MÚLTIPLES USOS: EXPERIENCIAS DE ÉXITO.
- D. Santiago Liñeira Casal. Fungocerga S.A.T. - D. Gabriel García Gavín. Laboratorios Raga. - Dña. Mª Carmen Salinero Corral. Estación Fitopatolóxica de Areeiro. 14:00 h. Pausa
16:00 h. NOVOS PROXECTOS PARA A DIVERSIFICACIÓN.
- A adaptabilidade do Trigo Sarraceno na España verde: o caso de Cantabria. Dña. Eva Mª García Méndez. Centro de Investigacións e Formación Agraria de Cantabria. - Diversificación dos recursos agrícolas e gandeiros. D. Martín Alemparte Vidal. GDR Ribeira Sacra. 17:15 h. AS PLANTAS MEDICINAIS E AROMÁTICAS.
- As plantas medicinais: unha visión global e o aproveitamento da Árnica. Dña. Rosa Romero Franco. USC. - O cultivo e comercialización das plantas medicinais: a experiencia de Milhulloa Dña. Carmen Valiño Vázquez. Milhulloa, S.C.G.
18:15 h. CLAUSURA
Máis información:
GDR O SALNÉS Mail: info[arroba]gdrosalnes.com Tfno. 986 744 909 / 650 255 914 |
|||
| Última actualización ( 14/03/2011 ) | |||


