|
I Congreso de Desenvolvemento Local |
|
Afiprodel (Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local) e a Universidade da Coruña en colaboración coa Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, UPD Coordina Local II-Bic Galicia, GDR Costa da Morte, APTCM e os Concellos de Carnota, Corcubión e Vimianzo, organizan o I Congreso Modelo Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local
Levarase a cabo nas seguintes datas e lugares:
Venres 25 e sábado 26 de marzo na Casa da Cultura de Vimianzo (A Coruña).
Venres 1 e sábado 2 de abril na Casa da Cultura de Corcubión (A Coruña).
O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de marzo de 2011 habendo prazas limitadas.
|
|
Última actualización ( 01/03/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Prevención da Morosidade e Recobro de Impagados |
|

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa organiza o "Curso Práctico de Prevención da Morosidade e Recobro de Impagados" os días 22, 23, 24 e 26 de marzo de 2011 en horario de 20:00 a 22:00 h o martes, mércores e xoves e de 10:00 a 13:00h o sábado (Caso práctico de empresa). Impartirase na aula 3 do Centro de Formación Empresarial Cameral na Avda. Doctor Tourón, nº 44 - 36600 Vilagarcía de Arousa.
Este curso vai dirixido a persoas que teñen un negocio ou teñen algunha responsabilidade na empresa.
|
|
Última actualización ( 28/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
Simulador Xeración de empresas |
|
O Instituto da Muller facilita, a través da súa páxina web, un simulador experto en xeración de empresas dirixido a mulleres emprendedoras co fin de favorecer a viabilidade dos seus proxectos empresariais. Trátase dunha ferramenta útil creada pola Organización de Mujeres Empresarias y Gerencia Activa (OMEGA), proxecto subvencionado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no marco do Plan Avanza Cidadanía Dixital, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Unha vez introducidos os datos do negocio, o simulador xerará como resultado un documento final con diagnósticos, recomendacións e gráficos que servirá, tanto ás mulleres emprendedoras como a todas aquelas mulleres empresarias que queiran cambiar ou mellorar certas estratexias de negocio.
|
|
Última actualización ( 28/02/2011 )
|
|
|
Xestión Empresarial Avanzada |
|
A Federación Galega de Xoves Empresarios (FEGAXE) coa colaboración do Instituto Tecnolóxico Empresarial NOVACAIXAGALICIA (ITE), organizan o curso de "Xestión Empresarial avanzada" dende o 18 de marzo ata o 26 de xuño co seguinte horario: Mañás de 9:00 a 14:00 horas/Tardes de 15:30 a 18:30 horas.
O curso desenvolverase no Instituto Tecnolóxico Empresarial NOVACAIXAGALICIA (ITE) sito na Rúa Nova 33, Santiago de Compostela. |
|
Última actualización ( 25/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Sostibilidade Costeira dende o sector Turístico |
|
O Grupo de Acción Costeira Ría de Pontevedra/Confraría de Portonovo-Sanxenxo (GAC 6) organiza unhas xornadas sobre "A Sostibilidade Costeira dende o Sector Turístico" que terán lugar o luns 28 de febreiro e o 1 de marzo de 2011 en horario de 18:00 a 20:00 h na sede da Confraría de Portonovo.
|
|
Última actualización ( 25/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
"Novas formas de xestión & novas liñas de negocio" |
|
A Cámara de Comercio e Industria de Ourense organiza, dentro do Programa Red Genera, o seguinte evento "Novas formas de xestión & novas liñas de negocio" que terá lugar o venres 4 de marzo de 2011 en horario de 10:00 a 14:00 horas na sede da Cámara, Avda. da Habana, 30 bis, Ourense.
|
|
Última actualización ( 24/02/2011 )
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 91 - 100 de 463 |